Febreiro 2019
Xincana Jane Goodall
Posted Febreiro 28th, 2019 by profeComo punto final ao proxecto traballado cos nenos e nenas nas aulas de 4 anos B e 4 anos C, levamos a cabo conxuntamente unha xincana; a estes dous grupos uniuse o grupo de 5 anos B cuxa actividade serviulles de motivación para comezar o mesmo proxecto.
O obxectivo principal desta actividade foi que os nenos e nenas descubriran, a través desta actividade motivadora, os diferentes elementos que caracterizan a Jane Goodall e poder descubrir que ela era a personaxe que se escondía detrás de todas as pistas.
A misión principal foi descubrir e analizar a través de pistas que se deixaron previamente en distintas dependencias do centro diferentes elementos de Jane.
A actividade resultou moi interesante xa que os cativos cativas estiveron moi motivados e conviviron nenos e nenas de diferentes idades compartindo aprendizaxes.
As pistas iniciais deixáronse nas diferentes aulas sendo como fío conductor a temática de Jane e os chimpancés:
A primeira pista levounos ata o ximnasio onde descubrimos que unha das cousas que máis lle gustan a esta persoa son os animais.
A segunda pista levounos ata a biblioteca onde descubrimos que empregaba uns prismáticos para poder ver aos chimpancés.
A terceira pista conduciunos ata o patio, onde descubrimos un elemento que caracterizaba á nosa misteriosa personaxe, o seu sombreiro.
E, finalmente, descubrimos que de quen eran todos estes obxectos…de Jane Goodall, polo que fomos emocionados ao patio para descubrir a súa tenda de campaña.
E para concluír, compartimos todos xuntos un anaco no ximnasio en compañía da tenda de campaña de Jane e do noso amigo Óscar.
- %count lecturas
O DÍA DE ROSALÍA
Posted Febreiro 25th, 2019 by profeHoxe os nenos e nenas de 5 anos A, fixemos unha visita ao monolito en memoria de Rosalía de Castro, muller importante onde as haxa!!!
Recitamos un poema e lembramos que en galicia tamén temos moitas mulleres que fixeron e que siguen a facer historia.
Aquí tedes algunha imaxe da conmemoración.
- %count lecturas
Construíndo igualdade
Posted Febreiro 23rd, 2019 by profeFalar de igualdade non é especialmente fácil nestas idades aínda que por medio de contos, imaxes, cancións,... as nenas e nenos van comprendendo que somos iguais e que podemos facer o que nos propoñamos.
- %count lecturas
FINAL DAS INVESTIGACIÓNS
Posted Febreiro 23rd, 2019 by profeDESPOIS DE PROCURAR, LER E FALAR MOITO SOBRE VALENTINA TERESHKOVA, MALALA YAOUSAFZAI, WANGARI MAATHAI E MARIE CURIE CADA EQUIPO SACOU AS SÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS E AS AMOSAMOS FACENDO UNHA POSTA EN COMÚN.
DESTE XEITO, COLABORANDO, COOPERANDO E TRABALLANDO EN EQUIPO, APRENDEMOS MOITO E O FACEMOS ENCANTADOS!
- %count lecturas
A VIAXE DE ÓSCAR
Posted Febreiro 21st, 2019 by profeÓscar é o protagonista dun documental que leva por título ‘Chimpanzee’.
Nesta producción imos descubrindo a un dos grandes habitantes da selva africana, os chimpancés. No medio de árbores xigantes e da espesura da selva, hai dous grupos desta especie que loitan por un territorio máis productivo. En medio desta loita, aparece a figura deste pequeño animaliño que descobre con asombro cada cousa.
Óscar está moi apegado á súa nai, e xuntos desfrutan dos praceres da vida no seo dun grupo de chimpancés.
A tranquilidade de Óscar rómpese cando un grupo rival irrumpe no seu territorio e no conflicto morre a súa nai, quedando orfo e a mercé dos perigos da selva.
Sorprendentemente, Óscar será adoptado por un chimpancé macho, establecéndose entre ambos unha bonita amizade.
Despois de visionar este filme, aparece una maleta na nosa aula da que sae un ser que parece estar asustado.
As cativas e os cativos enseguida recoñecen a Óscar.
O primeiro que fan é abrázalo é brindarlles o seu amor.
E entón, cando decidimos que Óscar fará unha longa viaxe na súa maleta, visitando os distintos fogares dos nenas e nenas da clase de Esfarrapada catro anos B e catro anos C.
Con esta proposta os cativos e cativas poderán compartir coas súas familias a esencia de Jane e parte das súas ensinanzas recollidas en dous libros:
Yo Jane e Jane la mejor amiga de los chimpancés que acompañan a Óscar nesta maravillosa viaxe pola vila de Salceda.
E xa, para rematar, co noso alumnado fixemos unha pequena mascota con forma de chimpancé empregando tubos de cartón.
- %count lecturas
NOVAS ACHEGAS
Posted Febreiro 20th, 2019 by profeRECIBIMOS NOVAS ACHEGAS SOBRE AS NOSAS MULLERES RELEVANTES.
- %count lecturas
Jane Goodall
Posted Febreiro 20th, 2019 by profeDurante o primeiro trimestre ás aulas de Esfarrapada 4 anos B e 4 anos C, estivemos traballando a primatóloga por excelencia: JANE GOODALL. Un referente mundial no estudo dos chimpancés.
Os cativos e cativas, coñeceron a vida e traballo de JANE, como todo un exemplo de liberdade e da importancia de loitar por cumprir os nosos soños.
As nosas alumnas e alumnos, elaboraron un libriño cunha colección de traballos persoais que, posteriormente, levaron para compartir coas súas familias.
Esta é unha mostra dalgunhas das actividades levadas a cabo durante este proxecto que tanto motivou ao noso alumnado.
Para rematar o proxecto, e como repaso de todo o aprendido, fixemos unha exposición no corredor do colexio, cunha representación do súa obra e un resumo da súa biografía.
- %count lecturas
Zanzíbar
Posted Febreiro 18th, 2019 by profe
Nas aulas de Esfarrapada de 4 B e C, durante o primeiro trimestre, fomentamos no noso alumnado a concienciación sobre a situación e a realidade da muller noutras culturas.
Esta fotografía empregada como motivación inical, abriu un debate no que os cativos e cativas, comentaron e realizaron todo tipo de preguntas para resolver as súas inquedanzas.
A través dela coñecemos o proxecto "Panje". Este proxecto levado a cabo na illa africana de Zanzíbar, ten por obxectivo, ensinar a nadar ás mulleres sen comprometer as súas crenzas culturais e relixiosas.
Posteriormente realizamos unha exposición en cada unha das aulas, con algunhas das fotos más representativas deste proxecto e, falamos da súa autora: Anna Boyiazis.
Estas son as fotos incluídas na exposición:
- %count lecturas
NOVAS ACHEGAS Á NOSA INVESTIGACIÓN
Posted Febreiro 12th, 2019 by profeSEGUEN CHEGANDO INFORMACIÓNS SOBRE AS HISTORIAS DE VALENTINA TERESHKOVA, MALALA YOUSAFZAI, MARIE CURIE E WANGARI MAATHAI.
- %count lecturas
SEMANA DAS MULLERES
Posted Febreiro 12th, 2019 by profeO DÍA 11 DE FEBREIRO É O DÍA DAS MULLERES NA CIENCIA E ESTA SEMANA DEDICAMOS UN ESPAZO NA NOSA BILIOTECA ÁS MULLERES. ALGUNHAS CIENTÍFICAS, OUTRAS DESTACARON POR OUTRAS LABORES.
- %count lecturas