4 anos C

PROGRAMACIÓN DE AULA DE 3 ANOS C DE ESFARRAPADA CURSO 2023-2024

PROGRAMACIÓN 3 ANOS C ESFARRAPADA CURSO 2023-2024

Outubro de millo

Boas familias!!

 

Aquí estamos de novo, para contarvos algo do que aconteceu ao longo deste mes na nosa aula. E é que ademais do outono, o Samaín... na nosa clase estivemos bastante ocupados traballando cousiñas en torno ao millo.

 

Primeiro trouxemos mazarocas da casa, tocámolas, cheirámolas, vimos diferenzas...

 

 

Logo debullamos, e os compañeiros e compañeiras da aula de 5ºA invitáronnos a facer fariña, porque eles tiñan un muíño na súa clase.

 

           

 

Aprendemos que existen distintos tipos de millo, e que non con calquera tipo podemos facer palomitas.

         

 

Coa profe Iris estivemos practicando a nosa paciencia, e seguindo os camiños dos debuxos con grans de millo. Que concentración!!

 

   

 

 

Acompañounos tamén o papá de Roma, ensinándonos a preparar unha arepas deliciosas... cantas cousas se pode facer con millo!

 

     

 

 

 

E coma colofón final... merenda de pan de millo con chocolate cos compis de 5º A.

 

 

O mes que ven seguirémosvos contando que pasa por aquí.

 

Ata a próxima!!

Primeiras veces...

Bos días familias!!

 

Como estades? Por fin, nos pasamos por aquí para saudarvos. 

 

Estes días temos estado moi atarefados. Entre coñecernos, ver os cambios da clase e dos materiais... esquecémonos por completo de sacar fotos.

 

Pero esta semana, quixemos empezar a traballar un pouquiño e darlle a benvida ao outono. Comezamos picando unha das follas para colocar o papel translúcido por detrás.

               

 

Logo enchemos a segundo folla de mooooooooitos puntiños con rotulador. Menudo traballo!!!

         

 

E na terceira folla, para que quedase unha fichiña moi colorida e chuli, pegamos un monton de papeliños amarelos que tivemos que trocear cos dediños, que os tiñamos un pouco durmidos.

                      

 

Para rematar, escribimos a palabra OUTONO para completar o título, coa axuda da profe que nos iba facendo os sonidos das letras. Todos o fixemos fenomenal, porque cada un o fixo coas letras que coñecía; e se nos confundimos... pois non pasa nada!!!

 

ATA A PRÓXIMA!!

ANNIVERSARIO DE LUCAS (ABRIL 2024)

EN ABRIL NA AULA DE 3 ANOS C CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE LUCAS QUE CUMPRIU 4 ANOS.

PARABÉNS LUCAS !!!    Risa

 

 

ACTIVIDADE: BING.- UNE CADA PERSONAXE CO SEU NOME

 

 

 Ola  familias!

Como sabedes, este ano estamos empregando o uso das pantallas para incentivar o alumnado nas súas aprendizaxes, creando actividades, amosando novos contidos, xogos.... Así que aquí vos deixo  unha actividade  relacionada con Bing e os seus amigos, na cal os nenos e nenas teñen que relacionar a algúns dos  personaxes da serie co seu nome. Esta actividade foi  creada nunha plataforma dixital para que o alumnado tamén dende a súa casa a poidese levar a cabo. Na aula xa probamos a facela.  

Aquí vola deixo, ánimo!

 

E CHEGOU... SETEMBRO!

Comezamos novo curso e tamén unha nova situación para o alumnado da aula 3 anos C Esfarrapada, xa que se atoparon nun lugar novo  no que apareceron persoas descoñecidas para eles. A súa situación cambiou de ser o centro da súa familia a ser “un máis” entre outros iguais. Así que todos nós, profesorado e familias, teremos un papel fundamental nesta nova etapa.

 

Pero como podedes ver pouco a pouco fómonos adaptando. Aquí tedes algunha das actividades que  foron levadas a cabo durante este mes de setembro.

 

 

 

Tamén  celebramos en setembro o aniversario do noso compañeiro Gabriel. Parabéns para Gabriel !!!

 

 

Distribuir contido

Back to top