Apoios

SAÍDA CORAZÓN DE CARBALLO

O XOVES 14 DE XUÑO AS NENAS E NENOS DE ENTENZA DESFRUTAMOS DUNHA SAÍDA Á GRANXA CORAZÓN DE CARBALLO EN TOMIÑO.

FOI UN DÍA MOI ESPECIAL NO QUE CONVIVIMOS CO ALUMNADO DOUTRAS AULAS, COÑECEMOS MOITOS ANIMAIS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E PUIDEMOS PASAR UNHA XORNADA MOI DIVERTIDA.

DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DE TODO O QUE FIXEMOS E O BEN QUE O PASAMOS.

 

OBRADOIRO DE PINTURA

AS NENAS E NENOS DE ENTENZA, APROVEITANDO O BO TEMPO, DESFRUTAMOS DUN OBRADOIRO

DE PINTURA. CON FILM, TÉMPERA E PINCEIS DEIXAMOS VOAR A NOSA IMAXINACIÓN E FIXEMOS

CREACIÓNS BASEÁNDONOS NA TEMÁTICA DA PRIMAVERA.

PASÁMOLO XENIAL E DESCUBRIMOS QUE HAI MOITAS FORMAS DE FACER ARTE.

FINALMENTE, ENSINÁMOSLLO AS NOSAS FAMILIAS PARA FACELAS PARTÍCIPES DA NOSA OBRA.

 

 

 

EXPERIMENTANDO COA PRIMAVERA

AS NENAS E NENOS DE ENTENZA ESTIVEMOS EXPERIMENTANDO COA PRIMAVERA.

PRIMEIRO SAÍMOS Ó PATIO E RECOLLEMOS: FOLLAS, FLORES, HERBAS...

DESPOIS CLASIFICÁMOLAS E CREAMOS CON ELAS AS NOSAS COMPOSICIÓNS.

ESPERAMOS QUE O DESFRUTEDES TANTO COMA NÓS FACÉNDOO.

 

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA

As nenas e nenos de Entenza hoxe estivemos experimentando coa luz negra. Primeiro descubrimos o efecto que facía na nosa roupa, pel, uñas... Despois desfrutamos do conto de Leotolda e por último axudamos os seus amigos a atopala, deixando voar a nosa imaxinación e debuxando a Leotolda tal e como cada unha pensabamos que era. 

Que ben o pasamos, deixamos por aquí unha mostra de todo o que fixemos.

  

EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS

As nenas e nenos de Entenza estivemos desfrutando do baúl mensual da biblioteca.

Nesta ocasión o tema eran os sentidos, cos cales experimentamos e agudizamos o noso oído, tacto...

A continuación podedes ver imaxes dalgunhas das actividades que fixemos cos materiais que contiña.

Así, concentrámonos moito para escoitar os sons e unilos coa súa parella e tamén nos relaxamos coas

cascadas de burbullas e os botes da calma, centrando a nosa atención nos seus movementos.

 

       

        

BENVIDA PRIMAVERA

As nenas e nenos de Entenza damos a benvida a primavera decorando as fiestras da aula. Esperamos que a nova estación nos traia moitos días de sol para poder saír ó patio e facer moitos picnics.

BENVIDO INVERNO

HOXE CHEGA O INVERNO E AS NENAS E NENOS DE ENTENZA NON NOS PODIAMOS IR DE VACACIÓNS SEN DEIXAR PREPARADAS AS NOSAS FIESTRAS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN TANTO COMO A NÓS. E AGORA A DESFRUTAR DO NADAL.

O OUTONO NA NOSA AULA

As nenas e nenos de Entenza estivemos moi atarefadas/os decorando

as nosas fiestras. Deixamos por aquí unha mostra de como nos quedaron.

QUE É ARTE?

Para os nenos e nenas da aula de Budiño, a arte é…

QUE É ARTE?

Para os nenos e nenas da aula de San Xurxo, a arte é…

Distribuir contido

Back to top