Apoios

"GLU, GLU, GLU" 1#

in

Olaaa! Nesta nova publicación ides atopar un xogo moi divertido sobre o mar que poderedes compartir coas vosas familias. Unicamente precisaredes dun dado e algo de imaxinación para dar resposta a maior parte das cuestións. Desfrutade moito do xogo e se vos gustou facedemo saber para así poder realizar outros similares en futuras publicacións.

 

 Un saúdo de puño!Risa

 

Navegando polo mar (conto e xogo)

in

Bo día xureliños e xureliñas,

Como seguides? Espero que teñades moitas ganas de xogar… Hoxe vos traio un dos meus contos contados, o conto de Salmonete, un peixe burlón que aprendeu unha boa lección.

 Tamén vos deixo un contiño para que fagades se vos apetece. Trátase de ir sumando peixiños en cada unha das páxinas. A mín pareceume superbonito e seguro que a vós vos gusta tamén. Vos deixo tamén un vídeo sobre como podedes xogar con él, chámase Peixeamigos.

Moitísimos bicos con sabor a sal.

Un último recurso, desfrutade con esta canción.

 

 

"GLU, GLU, GLU"

in

Bos días nenos e nenas! O prometido é débeda e aquí estou de volta cunha nova entrega e temática. Imos retomar o traballo do Mar con diferentes xogos e actividades que espero vos gusten tanto ou máis como os anteriores. Xa sabedes que se tedes algunha aportación ou suxerencia podedes anotala na sección de comentarios.

 

Coma sempre...un choque de puño! Inocente

Buscamos diferenzas

in

Ola a todos e todas,

 

Como estades? Nesta ocasión preciso das vosas grandes habilidades coma detectives, xa que preciso que me axudedes a buscar as diferenzas entre varias imaxes.

Moita sorte da profe Yasmina

Xogamos no mar

in

Imos buscar diferenzas

in

Ola a todos e todas,

Nesta ocasión propóñovos unha búsqueda de diferenzas entre varias imaxes. Atoparédelas todas?

Moito ánimo e moita sorte de parte da profe YasminaGuiño

A soñar co mar

in

Ola a todos e todas, 

Hoxe imos a soñar co mar e a crear un cazasoños que nos leve a somerxernos nel. Tamén crearemos un móbil mariño para decorar os vosos cuartos.

 

A profe Yasmina deséxavos que teñades felices soños co fondo do mar.

QUEDA NA CASA 9#

in

Bos días! Hoxe propoño a novena e última entrega de queda na casa, pero non vos preocupedes que para a semana voltarei a publicar novos contidos cos que comezar con enerxía o terceiro trimestre. Espero que vos gustaran as diferentes entregas e continuedes realizando as seguintes que propoña.

 

Un choque de cóbado!Risa

A cousa vai sobre pinzas

in

Bos días familias!

Un día máis déixovos unha pequena proposta de actividades para realizar con nen@s na casa. Desexo que vos gusten.

Unha gran aperta e moi boa fin de semana!Sorriso

Laura.

Xogo de pesca

in

Bo día meus peixiños,

Neste venres quero propoñervos un xogo de pesca. Trátase dun xogo feito na casa, con materiais de uso común (papel, rotuladores, cartón, ..) e que nos permitirá continuar coa temática que estábamos a abordar este curso, é dicir, o mar. E, ao mesmo tempo, repasar algúns conceptos matemáticos. Vos animades? Pois aquí tedes o vídeo no que vos explico paso a paso como facelo e tamén como xogar. Premede no debuxo para acceder a él.

 

 

 

Espero que vos guste!

Biquiños con sabor a sal.

Distribuir contido

Back to top