Orientación

PLAN DE ORIENTACIÓN CURSO ESCOLAR 2021-2022

PLAN DE ORIENTACIÓN CURSO ESCOLAR 2021-2022

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL CURSO ESCOLAR 2020-21

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL CURSO ESCOLAR 2020-21

Charla-coloquio "FAMILIA, ESCUELA Y ALTAS CAPACIDADES"

Queridas familias

 

Achegámosvos información sobre unha charla-coloquio dirixida a familias e centros relacionada co tema "altas capacidades".

 

 

 

Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo. Curso 2023-2024

Queridas familias.

 

 

Informámoslle que ata o 20 de setembro de 2023 está aberto o prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo para o curso 2023-2024.

 

Como principal novidade inclúese un novo subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da
linguaxe, podendo ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais


 
Toda a información atópase no seguinte enlace.


 
Tamén se adxunta aquí o texto da convocatoria.

 

Como todos os anos estas axudas deben ser solicitadas pola familias na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesinal e logo presentada na secretaría do centro.


 
Aquelas familias que precisen axuda e/ou asesoramento na tramitación da BECA poden poñerse en contacto co centro no 986 349 118 e solicitar cita coa xefatura do departamento de orientación.

 

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Imagen

Con motivo de que onte, día 20 de novembro celebrouse o Día da Mundial da Infancia, dende o Departamento de Orientación, gustaríanos destacar a importancia de favorecer unha boa saúde mental nos nenos e nenas, sendo esencial que identifiquen as súas emocións dende pequenos. Disto trata o seguinte video do psicólogo Rafa Guerrero, no que dános as claves para acompañarlles nesta aprendizaxe.

 

Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo. Curso 2022-2023

Queridas familias.

Informámoslle que ata o 30 de setembro de 2022 está aberto o prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo para o curso 2022-2023.
 
Toda a información atópase no seguinte enlace.
 
Tamén se adxunta aquí o texto da convocatoria.
 
Aquelas familias que precisen axuda e/ou asesoramento na tramitación da BECA poden poñerse en contacto co centro no 986 349 118 e solicitar cita coa xefatura do departamento de orientación.

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO · Scouts de España

Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, dende o Departamento de Orientación, queremos compartirvos este vídeo, no que Melisa Tuya e Diana Bohórquez conversan sobre o autismo dende unha perspectiva familiar e profesional onde se abordan aspectos, entre outros, como as realidades e mitos que rodean a este trastorno. 

Ademais, como recursos de interese recomendamos o pódcast de NOEMÍMISMA sobre el autismo, no que se manteñen pequenas conversas con profesionais e persoas que están dentro do espectro, e no que se abarca unha ampla gama de temas de interese, e o blog de Anabel Cornago "El sonido de la hierba al crecer", no que podemos atopar numerosos recursos para traballar a estimulación dos diferentes ámbitos do desenvolvemento.

  

Esperamos que sexan do voso interese.

 

21 de marzo: Día Mundial da Síndrome de Down

21 de Marzo

Día Mundial da Síndrome de Down

Hoxe é o Día Mundial da Síndrome de Down e, dende o Departamento de Orientación, queremos achegarvos a campaña promovida pola asociación Down España, para conseguir inundar as redes sociais de apertas e mensaxes de agradecemento a toda a sociedade.

 

Ademais, compartímosvos estes dous vídeos para pequenos e maiores, que nos achegan un pouquiño máis a coñecer esta Síndrome de maneira sinxela e natural, para deixar atrás falsos mitos e despexar dúbidas. 

 

Animádevos a participar! E recordade: 

Todos temos a sorte de ser diferentes.

 

Primeiros auxilios para as lesións máis frecuentes na infancia

Queridas familias

 

Achegámosvos este documento que creemos que pode ser do voso interese posto que previr accidentes é algo que tod@s temos a responsabilidade de facer. Pulsade na imaxe para acceder á guía.

 

 

 

Saúdos.

Distribuir contido

Back to top