Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo. Curso 2023-2024
Posted Xuño 23rd, 2023 by profe27
Como principal novidade inclúese un novo subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da
Queridas familias.
Informámoslle que ata o 20 de setembro de 2023 está aberto o prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo para o curso 2023-2024.
Como principal novidade inclúese un novo subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da
linguaxe, podendo ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais
Toda a información atópase no seguinte enlace.
Tamén se adxunta aquí o texto da convocatoria.
Como todos os anos estas axudas deben ser solicitadas pola familias na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesinal e logo presentada na secretaría do centro.
Aquelas familias que precisen axuda e/ou asesoramento na tramitación da BECA poden poñerse en contacto co centro no 986 349 118 e solicitar cita coa xefatura do departamento de orientación.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas