3 anos C

20 DE NOVEMBRO - DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal da Infancia e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).

As nenas e nenos de 3 anos sumámonos a esta celebración tan importante recorrendo día a día o camiño que nos leva á loita polo benestar e dereitos da infancia.

 

ANIVERSARIO DE ROI

TERCEIRO ANIVERSARIO DA NOSA AULA

E TERCEIRA FESTA.

NO MES DE NOVEMBRO CELEBRAMOS AS VOLTAS Ó SOL DE ROI

E DESFRUTAMOS EN BOA COMPAÑÍA DUN DÍA TAN ESPECIAL.

COMO NOS GUSTAN AS FESTAS!

BENVIDO OUTONO

COA CHEGADADO OUTONO NA NOSA AULA COMEZAMOS A FACER MOITAS PROPOSTAS RELACIONADAS COA ESTACIÓN, COMEZAMOS INVESTIGANDO COA AXUDA DAS FAMILIAS PARA DESPOIS TRABALLALO NA CLASE.

E COMO NON HAI OUTONO SEN CASTAÑAS, DESFRUTAMOS DA FESTA DO MAGOSTO, DAS CASTAÑAS ASADAS E DOS XOGOS EN COMPAÑÍA.

 

 

SAMAÍN 2024

POR AQUÍ DEIXAMOS UN RESUMO DO NOSO SAMAÍN
 

24 DE OUTUBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 DE OUTUBRO FOI A INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO COLE.

ALÍ COÑECEMOS A ARA E OS ESPAZOS DA BIBLIOTECA, ADEMAIS, COMO

ESTE ANO O TEMA DA BIBLIOTECA É A CIENCIA, FIXEMOS UN EXPERIMENTO.

PARA FINALIZAR ARA DEUNOS OS NOSOS CARNETS DE BIBLIOTECA E UN MARCAPÁXINAS.

VIVAN AS UÑAS DE CORES!

 

 APROVEITANDO QUE UN COMPAÑEIRO NOS TROUXO O CONTO VIVAN AS UÑAS DE CORES!

DECIDIMOS FACER UN OBRADOIRO DE PINTA UÑAS

TIVEMOS QUE TER MOITA PACIENCIA PARA AGARDAR A NOSA QUENDA, 

PINTAR AS UÑAS CON COIDADIÑO, ESPERAR A QUE SECARAN...

PERO VALEU A PENA PORQUE NOS QUEDARON UNHAS UÑAS MOI COLORIDAS.

COMO NOS GUSTA COMPARTIR ESTES MOMENTOS XUNTOS!!!

ANIVERSARIO DE GABRIEL

SEGUNDO ANIVERSARIO DA NOSA AULA

E SEGUNDA FESTA.

HOXE CELEBRAMOS AS VOLTAS Ó SOL DE GABRIEL E DESFRUTAMOS

EN BOA COMPAÑÍA DUN DÍA TAN ESPECIAL.

COMO NOS GUSTAN AS FESTAS!

ANIVERSARIO DE MATTEO

NA NOSA AULA XA CELEBRAMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO.

CON MOITA ILUSIÓN CANTAMOS AS VOLTAS Ó SOL DE MATTEO E DESFRUTAMOS

EN BOA COMPAÑÍA DUN DÍA TAN ESPECIAL.

COMO NOS GUSTAN AS FESTAS!

 

4 DE OUTUBRO - DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

Se calquera día é bo para sorrir, hoxe 4 de outubro aínda máis, xa que se celebra o día mundial da saúde, no que este xesto é oficialmente o protagonista. Na nosa aula, como sabemos o importante que é, rímonos moito. Por aquí vos deixamos os nosos sorrisos.

 

BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA AULA

SOMOS AS NENAS E NENOS DA AULA DE 3 ANOS C, A NOSA PROFE CHÁMASE PATRI E XUNTOS CREAMOS O MURAL QUE VEDES NA FOTO.

ENCÁNTANOS TELO NA AULA, PODER VER AS NOSAS FAMILIAS E SENTIR COMO POUCO A POUCO, ESE FÍO VERMELLO QUE NOS UNE A ELAS, VAI CRECENDO CARA AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.

ELAS E ELES ESTANSE CONVERTENDO NUNHA PARTE MOI IMPORTANTE DAS NOSAS VIDAS, COS QUE XA NOS EMPEZA A UNIR UN LAZO DE AMIZADE. 

TAMÉN CRECE CARA AS NOSAS PROFES, ESTAMOS COÑECENDO A MOITAS E TODAS NOS AMOSAN DÍA A DÍA O MARAVILLOSO QUE É VIR Ó COLE.

AÍNDA ASÍ, DE VEZ EN CANDO NOS SAE ALGUNHA BÁGOA, PORQUE NOS ESTAMOS ADAPTANDO, POUQUIÑO A POUCO CADA UNHA E CADA UN Ó NOSO RITMO, PERO CADA VEZ GAÑANDO MÁIS CONFIANZA NO NOVO ESPAZO, NAS MESTRAS E EN QUE AS NOSAS FAMILIAS SEMPRE NOS VAN ESPERAR Á SAÍDA.

IMOS FACER MOITAS PROPOSTAS NA NOSA AULA, ASÍ QUE ESTADE ATENTAS FAMILIAS QUE VOS SEGUIREMOS CONTANDO.

 

UNHA APERTA

 

 

Distribuir contido

Back to top