Responder ó comentario

BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA AULA

SOMOS AS NENAS E NENOS DA AULA DE 3 ANOS C, A NOSA PROFE CHÁMASE PATRI E XUNTOS CREAMOS O MURAL QUE VEDES NA FOTO.

ENCÁNTANOS TELO NA AULA, PODER VER AS NOSAS FAMILIAS E SENTIR COMO POUCO A POUCO, ESE FÍO VERMELLO QUE NOS UNE A ELAS, VAI CRECENDO CARA AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.

ELAS E ELES ESTANSE CONVERTENDO NUNHA PARTE MOI IMPORTANTE DAS NOSAS VIDAS, COS QUE XA NOS EMPEZA A UNIR UN LAZO DE AMIZADE. 

TAMÉN CRECE CARA AS NOSAS PROFES, ESTAMOS COÑECENDO A MOITAS E TODAS NOS AMOSAN DÍA A DÍA O MARAVILLOSO QUE É VIR Ó COLE.

AÍNDA ASÍ, DE VEZ EN CANDO NOS SAE ALGUNHA BÁGOA, PORQUE NOS ESTAMOS ADAPTANDO, POUQUIÑO A POUCO CADA UNHA E CADA UN Ó NOSO RITMO, PERO CADA VEZ GAÑANDO MÁIS CONFIANZA NO NOVO ESPAZO, NAS MESTRAS E EN QUE AS NOSAS FAMILIAS SEMPRE NOS VAN ESPERAR Á SAÍDA.

IMOS FACER MOITAS PROPOSTAS NA NOSA AULA, ASÍ QUE ESTADE ATENTAS FAMILIAS QUE VOS SEGUIREMOS CONTANDO.

 

UNHA APERTA

 

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
6 + 3 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top