Apoios

"GLU, GLU, GLU" FIN#

in

Bos días!!!! Hoxe será o noso último día de publicación o cal quere dicir que comezan as vacacións de verán. Seguro que tedes moitas ganas de ir a piscina, a praia, xogar cos amigos, etc. Deixovos un pequeno recordo do cole para que o botedes un poco de menos durante estas semanas, e como actividade...que sexades moi felices e o pasedes moi ben!!!

 

 

Un choque de puño e unha aperta moi grande do profe AbrahamRisa

Navegando coa profe Ana

in

 

Bo día peixiños,

 

Qué vos parece a idea de seguir preparando o San Xoán? Queredes continuar? Hoxe vos presentarei outra das tradicións, se cadra a máis coñecida. Trátase de facer unha fogueira e de saltala berrando “meigas fóra”. Deste xeito, procúrase afastar as cousas malas da nosa vida.

 

Evidentemente, saltar unha fogueira e algo perigoso polo que imos facer unha versión sen perigos que espero vos guste. En primeiro lugar, cómpre que procuremos uns troncos ou ramas que colocaremos no chan.

 

Despois, se temos teas ou fieltro de cores cálidos (vermellos, laranxas, amarelos, etc.) cortaremos uns anacos e os colocaremos entre os troncos. Tamén podemos facelo empregando folios ou cartolinas de cor. Neste caso, podedes cortalos dando formas con tesoira ou rasgando.

 

 

Unha vez colocadas as pezas de cor, estará listo para saltar por riba mentres lanzamos os nosos berros para espantar as meigas e traer a sorte as nosas vidas.

 

Outra das tradicións é comer sardiñas que se cociñan nas brasas e se colocan sobre o pan. De feito, o refrán di “polo San Xoán, a sardiña pinga no pan”. As sardiñas son peixe azul, delicioso pero tamén cheo de espiñas de pequeno tamaño e non sempre sinxelas de comer polo que vos presento a seguinte idea: preparar galletas con forma de sardiña. Nos documentos adxuntos, tedes unha sinxela receita de galletas que están deliciosas e as que podemos dar forma ou ben con cortapastas de formas (círculo e triángulo, por exemplo) ou ben simplemente empregando un coitelo sen punta.

 

Seguro que esta sardiñada vos encantará e sen espiñas!

 

O venres última entrada.

 

Ata entón… biquiños salgados,

 

 

A mollarse e remollarse... xogos divertidos con auga

in

Ola a tod@s,

 

A piques de rematar o curso, traiovos unhas propostas divertidas, para que xoguedes e vos entreteñades. Trátase duns cantos xogos de auga... espero que vos gusten e os desfrutedes, e a ver quen é o que menos se mollaGuiño.

Moita sorte da profe YasminaRisa

Navegando coa profe Ana

in

Xa non queda nada para o remate do curso e para unha das miñas festividades preferidas… a noite de San Xoan!

O día 24 de xuño celebramos a noite máis curta do ano. Se o día 21 prodúcese o solsticio de verán e comeza esa estación, 3 días despois dase o fenómeno no que o día ten máis horas que a noite. Para festexalo, acéndense lumes nas vilas, cidades, etc. e realízanse outras moitas tradicións, as coñecedes?? Faremos un repaso das mesmas e así, se vos apetece, podedes poñelas en práctica a próxima semana…

Hoxe comezaremos polo costume de lavar a cara no día despois de San Xoán cunha auga aromática que se fai a partir de flores e herbas.

Para conseguir este auga cómpre recoller auga de nove fontes diferentes e poñela nun barreño xunto con sete herbas que podedes atopar nun paseo pola contorna. Estas son: roseira silvestre, fento macho, codeso, sabugueiro, herba luisa, romero e malva. Este auga se deixa á luz da lúa toda a noite para, o día seguinte, usala para lavar a nosa cara e conseguir así que a nosa pel luza fermosa.

Nós aproveitamos algunha botelliña pequena de perfume que haxa pola casa para gardar un pouquiño e así imos coleccionando as augas de San Xoan de cada ano.

Queredes facer a vosa propia auga máxica de San Xoán? O noso concello conta cunha chea de fontes e cunhas zonas naturais perfectas para recoller as flores. Vos deixo un documento para que poidades rexistrar as fontes das que collistedes a auga e unha guía para que atopedes as flores e poidades recoñecelas.

Animádevos!

Biquiños salgados,

"GLU, GLU, GLU" 19#

in

Bos días nenos e nenas! Comeza a nosa última semana de curso e é unha pena que non poida ser estando xuntos. Deixovos uns xogos dos que vos gustan para que teñades o día entretido.

 

Un choque de puño e unha apertaRisa

Navegando coa profe Ana

in

 

Bo día meus peixiños,

Un día máis teño cousiñas para compartir con vos. Neste caso, e continuando coa historia do Señor Boavela, preparei uns títeres, un barquiño e estou encantada de compartir con vos un vídeo no que poderedes ver o conto. Premede na imaxe para velo.

 

Xogar a representar este ou outro conto é unha actividade sinxela pero chea de diversión. Como podedes comprobar eu imprimín e din cor a unhas imaxes. Vos podedes facer o mesmo pero tamén debuxar vos aos animais ou facer carteis cos seus nomes, recortar imaxes en revistas, etc. E despois podedes empregar o audio do luns para ir representando a historia ou contala vos mesmos.

Espero que vos guste o vídeo, a idea e que compartades comigo o resultado da mesma.

Biquiños salgados,

 

Estoupa globos mariño

in

Ola a tod@s,

 

Outro día máis traíovos unha proposta divertidaGuiño. Neste caso trátase dun "estoupa globos",  iso é que tendes que estoupar os globos correctos, para que cada animal suba no vagón do tren correspondente, segundo sexa un animal mariño (que subirá no vagón coa imaxe dun animal mariño) e se é outro tipo de animal (no outro vagón).

Anímaste a xogar?? Pois... adiante, só tes que meter o seguinte enlace no teu ordenador.

 

https://wordwall.net/es/resource/2913302

 

Moita sorte da profe Yasmina

 

"GLU, GLU, GLU" 18#

in

Bos días! Xa queda pouquiño de curso e para non perder a costume vouvos propoñer duas tarefas moi faciliñas e que seguro ides desfrutar moito.

Que teñades unha gran fin de semana!

 

Un choque de puñoRisa

 

 

 

Navegando coa profe Ana

in

Bo día peixiños,

xa estamos na metade da semana e vos traio un conxunto de actividades e xogos relacionados co conto do señor Boavela que vos contaba o luns. Vos gustou?

No documento adxunto atoparedes un montón de actividades que podedes imprimir ou non. Hai xogos de relacionar, labirintos, actividades de grafomotricidade que podedes facer sobre un pouco de fariña nunha bandexa, por exemplo, etc.

Espero que vos gusten e que o pasedes xenial con eles.

Biquiños salgados,

Cazando animais mariños

in

Ola a tod@s,

 

Apetécevos cazar animais mariños? Pois ben... só tendes que premer no enlace que aparece debaixo, e golpear as toupas que teñan imaxes de animais mariños, serás quen de golpear a todas as toupas antes que remate o tempo? Espero que desfrutedes do xogoRisa

 

Moito ánimo da profe Yasmina

 

https://wordwall.net/es/resource/2422402

 

 

 

Distribuir contido

Back to top