Outubro de millo

Boas familias!!

 

Aquí estamos de novo, para contarvos algo do que aconteceu ao longo deste mes na nosa aula. E é que ademais do outono, o Samaín... na nosa clase estivemos bastante ocupados traballando cousiñas en torno ao millo.

 

Primeiro trouxemos mazarocas da casa, tocámolas, cheirámolas, vimos diferenzas...

 

 

Logo debullamos, e os compañeiros e compañeiras da aula de 5ºA invitáronnos a facer fariña, porque eles tiñan un muíño na súa clase.

 

           

 

Aprendemos que existen distintos tipos de millo, e que non con calquera tipo podemos facer palomitas.

         

 

Coa profe Iris estivemos practicando a nosa paciencia, e seguindo os camiños dos debuxos con grans de millo. Que concentración!!

 

   

 

 

Acompañounos tamén o papá de Roma, ensinándonos a preparar unha arepas deliciosas... cantas cousas se pode facer con millo!

 

     

 

 

 

E coma colofón final... merenda de pan de millo con chocolate cos compis de 5º A.

 

 

O mes que ven seguirémosvos contando que pasa por aquí.

 

Ata a próxima!!

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
2 + 5 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top