5B
JANE GOODALL
Posted Xuño 27th, 2019 by profeOs nenos e nenas da aula de 5 anos B traballamos á primatóloga e antropóloga Jane Goodall. Jane caracterízase polo seu constante estudo dos chimpancés e polo seu incansable traballo para a conversación e benestar animal.
Comezamos este traballo cunha motivación inicial de Jane Goodall e dos chimpancés; dende o primeiro momento encantoulles e tiñan o seu ‘’Recuncho de Jane’’.
Non só descubrimos a vida de Jane actual, senón dende a súa infancia, cómo era a súa familia que descubrimos a través dun álbum e levamos a cabo unha representación artística da familia de cada un de nós.
Tamén tivemos alguna sorpresa como un memory de fotos de Jane.
Coñecemos a algún dos amigos chimpancés que fixo Jane durante todos os anos que estivo na Reserva de Gombe en Tanzania. Jane púxolle nome a todos o que creou un vínculo moi especial entre eles.
Estes son os exemplos dalgunhas das investigación que fixemos cómo Jane descubriu que os chimpancés fabrican ferramentas para comer termitas e debuxámolo ou momentos da infancia de Jane como cando se preguntou de onde saen os ovos.
E finalmente presentamos os nosos traballos acabados co noso pequeno chimpancé
- %count lecturas
A horta Wangari
Posted Maio 10th, 2019 by profeOs nenos e nenas de 5 anos B seguindo as ideas de Wangari, coidar o planeta e construír un cinturón verde, decidimos facer e coidar a nosa propia horta no cole para iso fixemos o seguinte:
- %count lecturas
PREPARANDONOS PARA A CARRERIA "CORREXSALCEDA"
Posted Maio 9th, 2019 by profe
O pasado domingo 5 de maio celebrouse unha nova "Corre x Salceda", carreira popular que pretende dar a coñecer os espazos naturais do concello pero, sobre todo, favorecer a práctica deportiva en todas as idades. Así, o noso alumnado foi convidado a participar. Dende o noso proxecto e, co propósito de contribuír ao fomento da igualdade, decidimos elaborar unhas pancartas coas que animar aos e ás participantes.
Asemade, un grupo de mestras e mestres decidimos participar carreira portando unhas camisetas co lema "Mesma ilusión, mesmo esforzo, mesmo resultado". Os e as peques colaboraron na súa decoración estampando os seus dediños nas mesmas.
- %count lecturas
As sementes de Wangari
Posted Abril 12th, 2019 by profeSeguindo as ideas de Wangari Maathai que creou un cinturón verde en África, as nenas e os nenos de 5 anos B quixemos poñer o noso gran de area facendo unha pequena plantación na aula.
Para iso, decoramos e preparamos uns semilleiros, botamos terra, sementes, auga e moito amor e cariño, para que xerminen as nosas sementes. Vos iremos informando da evolución da nosa plantación.
- %count lecturas
Os nosos xoguetes
Posted Abril 10th, 2019 by profeAs nenas e os nenos de 5 anos B falamos sobre os nosos xoguetes. Analizámolos e reflexionamos sobre cales son os nosos favoritos. A conclusión á que chegamos foi que TODOS OS XOGUETES SON PARA TODOS, non hai xoguetes de nenos nin de nenas.
- %count lecturas
Memori sobre a igualdade no deporte
Posted Marzo 13th, 2019 by profeUn novo xogo: o memori. Neste caso reunimos imaxes nas que homes e mulleres practican diferentes deportes. O propósito, ademais de traballar a memoria, a atención e outras capacidades, era coñecer ata que punto os estereotipos de xénero están presentes entre o alumnado.
- %count lecturas
Bingo de supermulleres
Posted Marzo 13th, 2019 by profeRealizamos un novo traballo de investigación: procuramos "supermulleres". Coñecemos os seus nomes e qué foi o que as converteu en persoas tan relevantes. Desta vez, non debuxamos nin tentamos escribir, xogamos ao bingo! Outro xeito de afianzar o que aprendemos, dunha forma divertida e na que participamos todos.
- %count lecturas
As tarefas e a súa distribución no fogar
Posted Marzo 11th, 2019 by profeCo motivo do Dia Internacional da Muller, nenos e nenas reflexionaron sobre quen se encarga no seu fogar de diferentes tarefas como poñer a lavadora, reparar, facer a cama, etc. e plasmárono nunha tarefa.
Os resultados poden observarse, pensamos que todavía queda moito que cambiar. Esperamos que este proxecto cumpra os obxectivos que nos marcamos e que, nun futuro, os resultados non sexan os mesmos.
- %count lecturas
Exposición de traballos
Posted Marzo 11th, 2019 by profePara rematar as nosas investigacións decidimos convidar ás familias a observar todos os nosos traballos e, sobre todo, agradecer a súa colaboración á hora de recoller información.
- %count lecturas
DÍA DA MULLER
Posted Marzo 8th, 2019 by profeNo marco da comemoración do Día da Muller, conversamos para recoñecernos como nenas e nenos e realizamos diferentes traballos cos que analizar os nosos gustos e preferenzas, decatándonos de que estas non dependen do noso sexo.
- %count lecturas