A VIAXE DE ÓSCAR

 Óscar é o protagonista dun documental que leva por título ‘Chimpanzee’.

Nesta producción imos descubrindo a un dos grandes habitantes da selva africana, os chimpancés. No medio de árbores xigantes e da espesura da selva, hai dous grupos desta especie que loitan por un territorio máis productivo. En medio desta loita, aparece a figura deste pequeño animaliño que descobre con asombro cada cousa.

 

Óscar está moi apegado á súa nai, e xuntos desfrutan dos praceres da vida no seo dun grupo de chimpancés.

 

A tranquilidade de Óscar rómpese cando un grupo rival irrumpe  no seu territorio e no conflicto morre a súa nai, quedando orfo e a mercé dos perigos da selva.

 

Sorprendentemente, Óscar será adoptado por un chimpancé macho, establecéndose  entre ambos unha bonita amizade.

  

Despois de visionar este filme, aparece una maleta na nosa aula da que sae un ser que parece estar asustado.

 

As cativas e os cativos enseguida recoñecen a Óscar.

 

O primeiro que fan  é abrázalo é brindarlles o seu amor.

 

E entón, cando decidimos que Óscar fará unha longa viaxe na súa maleta, visitando os distintos fogares dos nenas e nenas da clase de Esfarrapada catro anos B e catro anos C.

 

Con esta proposta os cativos e cativas poderán compartir coas súas familias a esencia de Jane e parte das súas ensinanzas recollidas en dous libros:

 

Yo Jane  e Jane la mejor amiga de los chimpancés que acompañan a Óscar nesta maravillosa viaxe pola vila de Salceda.

 

E xa, para rematar, co noso alumnado fixemos unha pequena mascota con forma de chimpancé empregando tubos de cartón.

Iniciar sesión