Febreiro 2018
DETECTIVES
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeHoxe convertémonos en detectives. Cada equipo ten que encontrar o maior número de tarxetas relacionadas coas responsabilidades que temos que ter se queremos ter unha mascota: darlle de comer, limpialos, sacalos a pasear, …
- %count lecturas
BINGO ANIMAIS
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeRealizamos diferentes bingos de animiais, a continación fixemos 4 equipos e xcogamos en grupo. Cada neno ía sacando un animal e os compañeiros/as comprobaban que estivera no seu taboleiro.
- %count lecturas
SIMETRÍAS
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeTiñamos diferentes animais aos que lle faltaba unha mitade, cada neno/a por medio da imaxinación e creatividade crearon o animal completo
- %count lecturas
QUE NOS PROPORCIONAN OS ANIMAIS.
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeInicialmente observamos e comentamos un novo libro de animais de granxa. Falamos acerca dos productos que nos proporcionan os animais. Vacas, porcos, galiñas, ovellas…. Unha vez comentados todos estos beneficios dos animais realizamos un traballo impreso.
- %count lecturas
ESCOLLEMOS ANIMAL E INVESTIGAMOS.
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeMediante bits identificamos diferentes animais de granxa e a continuación realizamos unha votación entre todos eles para escoller cal é o animal que máis nos gusta e comezar a facer unha investigación acerca do mesmo. O animal seleccionado foi o cabalo.
- %count lecturas
QUEN SON?
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeXogamos a un xogo moi divertido chamado “quen son?”, para o que, por quendas, cada neno/a pon unha imaxe dun animal doméstico na súa fronte e debe adiviñar qué animal é facéndolle preguntas ó resto dos/as compañeiros/as. Pero o máis difícil é que os compañeiros soamente poden responder si ou non…pásamolo moi ben!
- %count lecturas
PRESENTAMOS A NOSA MASCOTA
Posted Febreiro 27th, 2018 by profeNA ASAMBLEA CONTAMOS AO RESTO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CÓMO SON AS NOSAS MASCOTAS, NO CASO DE TELAS . ASÍ COMO OS COIDADOS QUE PRECISA.
A CONTINUACIÓN CADA UN COLOREA AO SEU CAN E DESCRÍBEO AO RESTO. NO CASO DE NON TER, IMAXINA COMO SERÍA O SEU SE LLE REGALARAN UN
.
- %count lecturas
CONVERTÍMONOS EN ANIMAIS
Posted Febreiro 22nd, 2018 by profeHOXE TEMOS VISITANTES EXTRAÑOS NA AULA. CONVERTÍMONOS EN ANIMAIS E CONTAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS ALGUNHA CARACTERÍSTICA PROPIA DO ANIMAL QUE REPRESENTAMOS.
A CONTINUACIÓN FACEMOS DISTINTAS CLASIFICACIÓNS: DOMÉSTICOS- SALVAXES, OVÍPAROS- VIVÍPAROS, HERVÍBOROS- CARNÍVOROS – OMNÍVOROS, ACUÁTICOS- TERRESTRES,…
- %count lecturas
IDENTIFICACIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS
Posted Febreiro 22nd, 2018 by profeDESPOIS DE MANTER UNHA CONVERSA SOBRE QUÉ ANIMAIS COÑECÍAN E SE ERAN DOMÉSTICOS OU SALVAXES, PUXEMOS EN PRÁCTICA O APRENDIDO.
BUSCAMOS UNHA TARXETA DUN ANIMAL DOMÉSTICO E DESCRIBÍMOLO. A CONTINUACIÓN O RESTO GRUPO DEBÍA ADIVIÑAR QUÉ ANIMAL ERA.
AO DARLLE A VOLTA Á TARXETA, COMPROBÁBAMOS SE ACERTARAN.
- %count lecturas
DESFILE DE ENTROIDO
Posted Febreiro 22nd, 2018 by profeComo non podería ser doutra maneira, os animais foron os protagonistas dos nosos disfraces
- %count lecturas