ENTENZA

"DONAS DE SÍ". ALBÚM DE FOTOS

 Elaboramos un álbum de cromos, onde os nenos e as nenas coleccionan os cromos das mulleres máis relevantes da historia.

    

"DONAS DE SÍ". MUSEO

Cada nenos/a con acuarelas pintou o retrato da muller que investigou. Con todos os retratos montamos o noso propio museo.

                                            

          

"DONAS DE SÍ". DOMINOU

Os nenos e nenas da aula de Entenza crearon un dominou con goma eva e fotos das mulleres máis importantes.

"DONAS DE SÍ". FRIDA KAHLO

E en oitavo lugar traballamos a Frida Kahlo.

    

 

Con Frida Kahlo realizamos un taller de pintura, onde os nenos e as nenas pintaron un retrato de Frida.

"DONAS DE SÍ". MARIE CURIE

En sétimo lugar investigamos a Marie Curie que foi a primeira muller en recibir un premio nobel.

    

 

Con Marie Curie realizamos un taller de experimentos, onde levamos a cabo diferentes experimentos.

 

"DONAS DE SÍ". LEOLA KING

En sexto lugar descubrimos a vida de Leola King, que foi a primeira garda de tráfico feminina dos Estados Unidos.

     

 

No taller de plástica os nenos e nenas fixeron unha placa de policía e unhas esposas.

"DONAS DE SÍ". ISABEL BARRETO

En quinto lugar aprendemos cousas de Isabel Barreto, que foi a primeira muller en ostentar o título de almirante.

      

 

No taller de plástica realizamos un barco de papel coas súas velas.

"DONAS DE SÍ". AMELIA EARHART

En cuarto lugar investigamos a Amelia Earhart que foi a primeira muller aviadora en cruzar o océano atlántico.

   

 

E realizamos un taller de plástica onde construímos un avión.

"DONAS DE SÍ". MARÍA TERESA DE FILIPPIS

En terceiro lugar investigamos a María Teresa de Filippis, que foi a primeira muller piloto en correr en fórmula 1.

                   

 

Na aula fixemos diversas carreiras cos coches

 

E despois realizamos un taller de cociña, onde elaboramos un coche con diversos ingredientes.

"DONAS DE SÍ". VALENTINA TERESHKOVA

 En segundo lugar traballamos a Valentina Tereshkova que foi a primeira muller cosmonauta.

      

 

E realizamos un taller de reciclaxe onde construímos un foguete.

Distribuir contido

Back to top