Skip to Content

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

PHOTOCALL

Hoxe festexamos o último día na escola, pois aínda que todavía queda o día de mañá, hoxe era o último día que íamos pasar na escola de Mirón. Foi unha mañá intensa, pois tivemos algunhas sorpresas e, por suposto, moita diversión. Primeiro debatimos en grande grupo que queríamos facer e, como había diferentes opinións, realizamos unha votación saíndo gañadora como primeira opción rematar de ver a película de Cars que comezaramos a ver onte.

Despois, puxemos música e bailamos mentres merendábamos. Velaí a primeira sorpresa, a merenda de hoxe era diferente, pois había osiños de gominola, chuches variadas e chocolatinas. Todos quedaron encantados con estas larpeiradas! Logo, saímos ao patio que amenizamos con música e fixemos un photocall moi divertido.

Por último, repartimos as bolsas decoradas polos nenos/as con todas as cousas que fixemos neste curso, pero aínda quedaba algo moi importante: o premio de final de curso! A verdade é que quedei moi contenta porque todos e todas lograron o obxectivo e conseguiron un premio. O súper premio para aqueles que tiñan todos os puntos verdes, e un premio normal para aqueles aos que se lles atrancou un pouco o asunto e tiñan algún puntiño vermello, pero... o importante é que todos o lograron! Noraboa!

Aquí vos deixo as imaxes do photocall. 

    

Bicos!

Imaxe de Jacqueline

VÍDEO DE DESPEDIDA

Agora que xa estamos na conta atrás para rematar este curso, gustaríame despedir unha vez máis aos pequenos/as que xa remataron o ciclo de Educación Infantil e deben continuar o seu camiño nunha nova escola. Gracias polos momentos compartidos a todos eles que, xunto cos demais, fixeron deste un curso moi especial e bonito.

Pedro, Sergio, Hadrián, Paula, Sandra, Cayetana e Enrique que teñades moita sorte nesta nova aventura e que sempre recordedes con agarimo a escola de Mirón, onde aprendimos moito, pero sobre todo... onde fomos moi felices. Ata sempre meus nenos e nenas...

  

 

E antes de marchar desexo compartir con vós un vídeo que fixen con moito agarimo recopilando algúns dos momentos que vivimos ao longo deste curso. Espero que vos guste.

Para velo con maior calidade pinchade na roda de configuración que pon HD no lado dereito do reproductor, unha vez aí pinchades "Calidad" e seleccionades a máis alta. Déixovos o enlace do vídeo por se desexades velo a pantalla completa https://www.youtube.com/watch?v=9PPF8dXh5yE&t=4s

 

Moitos bicos.

 

 

 

 

Imaxe de Jacqueline

COLE-CASA DE XOGUETE

Hoxe tivemos unha sorpresa agardando no cole. Cando estábamos todos reunidos na asemblea descubrimos unha sorpresa agochada tras un montón de papel blanco e... resultou ser un cole de xoguete cunha casa detrás! Pero... non era calquera escola, xa desde o primeiro intre os nenos/as se percataron de que se trataba da escola de Mirón! Tiña as mesmas ventás, a mesma porta e a caseta dos baños de fóra, dixeron moi observadores. De seguido, abrimos as portas para descubrir o que había dentro e que sorpresa cando vimos que ata había algún dos nosos murais nas paredes! Despois, miramos a casa que tamén nos gustou moito coa súa cociña, o seu salón, a súa habitación e o seu aseo!

Había tanta emoción que foi un pouco difícil poder ver a casa en grande grupo. Ninguén quería perderse detalle!! Un poquiño máis tarde os pequenos/as puideron xogar coa casiña que tivo moito éxito. Aquí vos deixo algunhas imaxes deste día tan emocionante.

   

 

Todo o meu agradecemento a Jorge, pois foi o artista creador desta casiña tan estupenda coa que nos agasallou.

Bicos!

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS

Boas a todos/as!

Non podíamos rematar o cole sen recordar os cumples de todos os nenos/as que formaron parte da aula ao longo deste curso. Divertímonos moito e aínda que as coroas tiveron moito éxito, Xoel decidiu non poñela. Non pasa nada!! O importante é pasalo ben e sobre iso sabemos moito!

 

         

 

Agora que xa case imos rematar estamos un pouquiño nostálxicos recordando todos eses momentos únicos vividos neste ano. Pronto haberá sorpresas...

Biquiños!!

 

Imaxe de Jacqueline

MURAL PRIMAVERA

Nestas últimas semanas estivemos rematando o noso mural da primavera. Entre unhas cousas e outras levounos máis tempo do agardado, pero o resultado foi fantástico. Fixémolo entre todos/as deixando a pegada das nosas mans na nosa peculiar árbore de cores, pintamos flores e decoramos as letras da primavera con lunares feitos cos nosos dedos. Gustounos moito como nos quedou! Agardamos que a vós tamén vos guste. Como non podían saír todos/as nas fotos fixemos unha pequena selección.

 

E antes de rematar quería facervos partícipes do debate que xurdiu uns días atrás tras ler o segundo conto do programa de Educación Responsable. "La gran pregunta" (Wolf Erlbruch) fíxonos a seguinte pregunta "¿Por qué estás aquí?". Cada un dos seus personaxes vai dando respostas, destacando o que para eles é importante e ao final tocoulles responder aos pequenos/as. Comprendimos, así, que non existe unha única resposta válida, pois o fundamental é o que para cada un de nós é importante. Esa é a resposta.

Jacqueline: ¿Y tú, por qué estás aquí? 

Pedro: para poder verte a ti.

Sara: para trabajar.

Enrique: para estar en el cole.

Pedro: para jugar.

Sergio: para aprender.

Sandra: para pintar el árbol.

Tomás: para leer un cuento.

Germán: ¡para embarcar!

Jacqueline: ¿para embarcar? Pero... ¿en el cole embarcamos? ¿Nos subimos en algún barco en el cole?

Sandra: a lo mejor dice el barco de juguete.

Jacqueline: bueno, con el de juguete.

Leo: para pintar.

Pablo: para aprender a leer.

Tana: para hacer maravillosos dibujos.

Iván: para aprender.

Hugo: para facer dibujos.

Germán: para esperar.

Tana: para estar con las maravillosas profes.

 

Ao final, todos temos a resposta.

Bicos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut