Skip to Content

COLE-CASA DE XOGUETE

Imaxe de Jacqueline

Hoxe tivemos unha sorpresa agardando no cole. Cando estábamos todos reunidos na asemblea descubrimos unha sorpresa agochada tras un montón de papel blanco e... resultou ser un cole de xoguete cunha casa detrás! Pero... non era calquera escola, xa desde o primeiro intre os nenos/as se percataron de que se trataba da escola de Mirón! Tiña as mesmas ventás, a mesma porta e a caseta dos baños de fóra, dixeron moi observadores. De seguido, abrimos as portas para descubrir o que había dentro e que sorpresa cando vimos que ata había algún dos nosos murais nas paredes! Despois, miramos a casa que tamén nos gustou moito coa súa cociña, o seu salón, a súa habitación e o seu aseo!

Había tanta emoción que foi un pouco difícil poder ver a casa en grande grupo. Ninguén quería perderse detalle!! Un poquiño máis tarde os pequenos/as puideron xogar coa casiña que tivo moito éxito. Aquí vos deixo algunhas imaxes deste día tan emocionante.

   

 

Todo o meu agradecemento a Jorge, pois foi o artista creador desta casiña tan estupenda coa que nos agasallou.

Bicos!



blog | by Dr. Radut