Ola familias!
O venres descubrimos un novo xogo para traballar a lóxica-matemática, concretamente os números e a súas cantidades. Como os maiores xa teñen bastante dominados estes conceptos, xogaron coas regletas coa profe María e os nenos de 3 e 4 anos probaron este novo xogo que causou moita inquietude ao principio. Todos querían tocalo e manipulalo, pero pronto descubrimos que a profe só chamaba aos pequenos/as que estaban ben sentados.
Primeiro, fixámonos nas letras do xogo tratando de descubrir o que alí estaría escrito. Despois, observamos a orde na que estaban colocados os tapóns cos números, recoñecendo as grafías e as etiquetas coas cantidades. Logo, desordenamos todo e comezamos a colocalo asociando cada número coa súa cantidade.
Foi moi divertido, sobre todo eso de enroscar cada tapón. Un bo exercicio tamén para traballar a motricidade fina.
Un bico!
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas