Skip to Content

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

MANUEL E MARTINA

Hoxe celebramos os aniversarios de Manuel e Martina, pois o sábado cumpriron 3 aniños! Quedaron encantados coas súas coroas decoradas por eles mesmos e as cancións de aniversario que cantamos para eles.

Moitas felicidades pequechos!

 

Imaxe de Jacqueline

CELEBRANDO O SAMAÍN

Hoxe foi un día diferente, pois ao ser 31 de outubro moitos dos nenos/as da escola viñeron disfrazados para celebrar o Samaín. Os profes quedamos abraiados cos estes disfraces tan chulos e para deixar un recordo deste día o profe de apoio, Jesús, fixo unhas fotos moi chulas. Botádelle un ollo ao vídeo!

 

https://www.youtube.com/watch?v=lAOMiCJunKw

 

Bicos!

Imaxe de Jacqueline

CUMPLES DE SETEMBRO

O pasado mes de setembro celebramos na aula o cumple de 3 nenos/as maiores: Tomás, Lucía e Lara, que xa cumpliron 5 anos.

Para celebralo cantamos algunhas cancións de aniversario e os protagonistas tiveron a sorte de decorar as súas coroas do xeito que máis lles gustaba.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Un bico!

Imaxe de Jacqueline

BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO XUNTOS/AS!

Hoxe comezamos unha nova aventura xuntos e todo resultou moi sinxelo. Os vosos peques portáronse moi ben e estaban moi contentos/as de volver ao cole. De seguido, descubriron as cousas que estaban diferentes na aula como a nova "casiña de circo" que temos para xogar, a nova zona da biblioteca, os novos peluches... Pero entre tantas novidades houbo unha cousa que lles chamou moito a atención e a min tamén, pois tiñamos na aula unha nova compañeira! Durante o verán instalouse na clase unha galiña! Si, si, unha galiña!

Xunto á galiña había unha carta que limos para saber de que trataba esta sorpresa e así descubrimos que a galiña se chama Paca e que tiña moitas ganas de quedar con nós. Contounos como conseguiu chegar ao noso cole e, despois, pediunos que nós lle contaramos a ela que tal o pasamos no verán. Así, a mestra e os pequenos/as collemos a Paca para contarlle a ela e a todos os demais as nosas aventuras de verán.

Esta foi unha mañá intensa de sorpresas, reencontros, alegrías, recordo das rutinas e normas e, sobre todo, de moito xogo. Mañá será outro día cheo de emocións, pois imos coñecer aos novos compañeiros/as de 3 anos

Aquí vos deixo algunhas imaxes do día de hoxe.

A Galiña Paca

A galiña Paca

 

 

 

 

Para rematar déixovos o contido da carta da nosa amiga a galiña Paca:

Ola a todos e todas!

Chámome Paca e, como xa sabedes, son unha galiña. De seguro que vos estades a preguntar que é o que fago eu aquí. Pois a verdade é que estaba aburrida de estar sempre pechada no galiñeiro, así que un día decidín saír a dar un paseo. Púxenme a dar voltas e máis voltas sen saber moi ben cara onde ir ata que... de súpeto, atopei esta escola tan chula. Fixen maxia potaxia e conseguín entrar!

É broma! A verdade verdadeira é que a fiestra estaba aberta, así que aproveitei para colarme dentro. Entón, decidín mirar o que había pola aula e quedei abraiada coa cantidade de xoguetes, de cores, de ceras e de pinturas que tedes; cos murais tan chulos que adornan as paredes; cos puzles; coa pantalla... Con todo o que tedes quedei pasmada e imaxinei cantas cousas podería facer eu aquí convosco. Por iso, vos pregunto se queredes que me quede e que vivamos moitas aventuras xuntos.

Agora que eu xa vos contei a miña historia, por que non me contades vós que tal pasastes o verán. Se queredes, para contarme as vosas historias podedes collerme de un en un, que eu estarei moi atenta escoitando.

Un bico moi forte.

 

A Galiña Paca.

 

BICOS!!

Imaxe de Jacqueline

GRAZAS

Agora si, chegamos ao final deste marabilloso curso cheo de momentos únicos e especiais con todos vós. Grazas unha vez máis.

Vémonos á volta e sorte aos que emprendedes un novo camiño!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut