Ola!
No día de hoxe queremos mostrarvos algúns xogos que empregamos na Pizarra Dixital Interactiva (PDI). Todas as semanas dedicamos algún día a xogar na PDI, pois é unha actividade que nos gusta moito. Algúns días xogamos coas letras; outros pintamos; outros xogamos cos números, formas, cores; e outras veces ata tocamos algún instrumento virtualmente. Tratamos de variar nos xogos, sempre buscando aprender algo. Un dos xogos que máis nos gusta é o do Lobo Matías. Ademais, hoxe os nenos e nenas máis maiores probaron co nivel máis elevado deste xogo e gustoulles moitísimo. De feito, algúns querían quedarse no cole para seguir xogando cando xa era a hora de recoller
Se queredes xogar na casa aquí tedes algúns deste xogos:
- LOBO MATIAS: http://balara.es/contenido/menuprincipal.html
- LIM con actividades sobre o inverno en inglés: http://educacioninfantilylasticpractica.blogspot.com.es/2014/08/lim-con-actividades-sobre-el-invierno.html
- LETRAS DE COLORES (Lecto-escritura): http://www.ramonlaporta.es/jocsonline/letras/swf/letras.html
- FANTASMIN (conceptos varios): http://ares.cnice.mec.es/infantil/a/aa_02vf.htm
- PIZARRA PARA PINTAR: http://downloads.bbc.co.uk/cbeebies/misc/swf/doodlemaker.swf
Agora deixamos algunhas imaxes desta rutina da PDI.
Biquiños!
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas