Skip to Content

blogue deadmin

Normas de inicio de curso 20-21

De cara ao inmimente inicio do curso escolar, publicamos como documento adxunto un documento co resumo das principais normas e medidas que serán de aplicación no noso centro dende o día 10 de setembro.

Este documento de centro está baseado no Protocolo editado polas Consellerías de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia (tamén se achega como adxunto).

Estas normas e medidas son susceptibles de cambios, en función das diferentes instrucións das autoridades sanitarias e educativas. De ser o caso, informarase a todas as familias dos cambios que se produzan.

Para unha información máis detallada, cada titora celebrará unha reunión coas familias do seu alumnado mediante videoconferencia.

Moitas gracias.

Becas para estudos Concello de Oroso - Alumnado de Educación Infantil

O concello de Oroso ven de publicar a convocatoria de becas para o estudo dirixidas a alumnado de Educación Infantil e ESO.

Achégase como arquivo adxunto a convocatoria oficial. Para calquera trámite as familias interesadas deben de dirixirse ao Concello de Oroso.

PUBLICACIÓN PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 CURSO 20-21

A  Consellería de Educacion ven de publicar o Protocolo que se aplicacará no vindeiro curso 20-21. Este Protocolo completarase coas Instrucións de inicio de curso, que se publicarán en setembro.

Ambos documentos (Protocolo e Instrucións de inicio de curso) deben de ser concretados para cada un dos centros educativos, segundo as súas características.

O Protocolo está publicado na web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31578

Como referencia xeral, pódese considerar o disposto no Protocolo, onde se recolle que "na etapa de Educación Infantil e na de Educación Primaria poderase optar pola alternativa de establecer grupos estables de aula, ata un máximo de 25 alumnos, que xunto ao titor/a poderán conformar Grupos de Convivencia Estable cuxos membros poden socializar e xogar entre si sen ter que manter a distancia interpersoal de forma estrita. Estes grupos de convivencia estable deberán evitar a interacción con outros grupos do centro educativo, limitando ao máximo o número de contactos, o que non faría necesario gardar a distancia interpersoal de 1 metro en aula".

Ademais desta disposición xeral, hai unhas consideracións especficas para o alumnado de Infantil e 1º e 2º cursos de Educación Primaria, que é a idade do alumnado do noso centro. Para estas idades, flexibilízanse as medidas de hixiene e traballoEntre outros aspectos, non será necesario o uso de mascarillas e permítense algunhas actividades en pequenos grupos.

Dado que aínda falta máis dun mes para recibir as Instrucións de inicio de curso (que estarán condicionadas pola evolución da situación actual ao longo do mes de agosto), na actualidade non é posible dar unha información máis detallada. A comezos de setembro, antes do inicio das clases, informaremos a todas as familias das medidas específicas que se aplicarán no curso 20-21. 

Para calquera consulta ou dúbida as familias do alumnado poden escribir por correo electrónico á seguinte dirección: cra.oroso@edu.xunta.gal

Saúdos.

Formalización de matrícula curso 20-21 -Alumnado 4º Infantil (3 anos)

O prazo de formalización de matrícula para o alumnado que comeza a súa escolarización no curso 20-21 en 4º de Educación Infantil (3 anos) abrangue do 1 ao 10 de xullo

As familias deben de entregar a seguinte documentación:

  • Anexo III e a folla de datos persoais do noso centro (lingua materna, datos médicos…). Esta documentación publícase como aquivos anexos a esta información (pódese traer impresa e asinada ou cubrila no centro educativo).
  • Certificación de convivencia do domicilio familiar (solicítase no Concello).
  • Dúas fotografías.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas ou certificado médico de non ter enfermidades infecto-contaxiosas.

O centro educativo contactará telefonicamente coas familias do alumnado para asignarlles cita previa. A documentación entregarase na sede do CRA, en Vilarromarís.

 

 

 

 

Publicación listado libros de texto curso 20-21

Achégase como arquivo adxunto o listado de libros de texto para o curso 20-21.

Ademais destes libros, cada titora pedirá en setembro un listado de material para a aula.

 

Anuncio ampliación periodo de adaptación Educación Infantil curso 20-21

Estimadas familias.

De cara ao vindeiro curso 20-21, a Consellería de Educación decidiu flexibilizar e ampliar o periodo de adaptación para o alumnado de Educación Infantil. Neste período, pode reducirse o horario habitual de clases (9:30-14:30) para que o alumnado poida adaptarse ao inicio das clases. As principais novidades son:

  • O período de adaptación amplíase ata o fin de setembro (normalmente eran dúas semanas).
  • O período de adaptación poderase aplicar a todo o alumnado de Educación Infantil (normalmente era so ao alumnado de 3 anos - 4º de Educación Infantil).

Como este periodo de adaptación é flexible e nas nosas escolas o alumnado soe adaptarse sen problema, non prevemos cambios nos horarios de clases, excepto para o alumnado de 3º anos - 4º de Educación Infantil. Aínda así, faranse as adaptacións necesarias a cada neno/a, para garantir a súa adaptación á escola.

A titora de cada escola regulará este proceso, polo cal, en caso de dúbida, cada familia deberá contactar coa titora da súa escola.

Máis información no enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31298

Información para alumnado matriculado no CEIP Sigüeiro para o curso 20-21

Para coñecemento das familias do alumnado do CRA de Oroso que no vindeiro curso 20-21 cursará os seus estudos no CEIP Sigüeiro, achégase como arquivo adxunto a listaxe de documentación a presentar para formalizar a matrícula no prazo do 1 ao 10 de xullo.

As familias deste alumnado deben de consultar a información publicada na páxina web do CEIP Sigüeiro, para coñecer toda a información respecto das axudas para libros do vindeiro curso. A dirección é:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/

Matrícula curso 20-21 - Listaxe provisional alumnado admitido

Segundo as INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021, as listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas serán elaboradas, exclusivamente, mediante a aplicación admisionalumnado, e a súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo). Non obstante, nas páxinas web poderase anunciar o momento en que as listaxes estean dispoñibles na aplicación.

Considerando as Instrucións da Consellería de Educación, anunciase que xa están dispoñibles as listaxes na aplicación admisionalumnado para a súa consulta non presencial.

Debido ao estado de alarma, si algunha familia quixera consultar o estado da súa solicitude de xeito presencial, debería concertar cita previa no teléfono 628 07 14 38 (horario de 10:00 a 13:00) ou no correo cra.oroso@edu.xunta.gal

Con carácter xeral, infórmase de que todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión resultou admitido e así consta na listaxe provisional de admitidos para o curso 20-21.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o 20 de maio e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Segundo o disposto nesta Orde, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/)

ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. (procedemento ED330B)

o enlace directo ao procedemento é:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=es

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Achéganse a esta publicación varios arquivos adxuntos nos que se inclúe a lexislación de referencia, unha nota informativa para as familias sobre o procedemento a realizar, e os anexos necesarios para presentar como documentación.

Para a entrega da documentación de xeito presencial, será preciso concertar cita previa mediante chamada telefónica ao 628 07 14 38 (horario de 10:00 a 13:00) ou ben por correo electrónico á seguinte dirección: cra.oroso@edu.xunta.gal

Pódense consultar todas as dúbidas sobre este procedemento no teléfono de dirección: 628 07 14 38 (horario de 10:00 a 13:00) ou ben por correo electrónico á seguinte dirección: cra.oroso@edu.xunta.gal

De cara a regular a entrega de documentación para as familias deste alumnado, teranse en conta estas recomendacións sanitarias:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30999

Adaptación das programacións didácticas do 3º trimestre 19-20

Nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, relativas ás programacións didácticas, establécese o seguinte:

"Os centros e o profesorado revisarán os currículos e as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas".

 Unha vez feitas estas adaptacións por parte do profesorado do noso centro, e para dar cumprimento á instrucción que di "As direccións dos centros responsabilizaranse da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade, seguindo o procedemento establecido no centro", achéganse como arquivos adxuntos a esta publicación as adaptacións das programacións didácticas do noso centro para o coñecemento de toda a comunidade educativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut