Skip to Content

blogue deadmin

Videochamadas CRA Oroso - Normas da actividade

Estimadas familias: 

De cara á videoconferencia a desenvolver entre as titoras de cada escola e o alumnado, publicamos como arquivo adxunto as instrucións para esta actividade. 

O venres 26 de marzo, ás 11:30 farase unha primeira videochamada.

De cara á videochamada de mañá, as familias participantes tedes que rexistrarvos na aplicación Zoom e logo confirmar o rexistro a través dos vosos correos. No arquivo adxunto tedes toda a información. É recomendable que vos rexistredes canto antes, xa que non é un proceso inmediato.

Saúdos.

Propostas variadas (Música, Relixión e actividades variadas) 25 a 27 de marzo

Ola de novo!

Publicamos como arquivos adxuntos varias propostas das mestras de Música e Relixión.

Ademais, podedes ver estes enlaces a calquera momento:

 https://theinstaprofile.com/instagram/tennis_sin_cordones Contacontos e manualidades o mércores 25 de marzo ás 16:30, por Instagram (LSE - tennis_sin_cordones).

Un par de recursos de Música:

http://www.creatingmusic.com/ 

http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/04/a_ba04_01vf.html

https://www.youtube.com/watch?v=6GdFNyfYQAY : É un video de Ciencias Sociais feito no CRA

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/ce-orquestra-pantasma-a-cantar-contar-e-bailar/ : Unha actuación da Orquesta Pantasma.

https://sincopyright.com/museos-virtuales/ : Visitas virtuais a diversos museos.

 Unha aperta para todos/as!

 

Propostas de traballo 25 a 27 marzo - Videoconferencia escolas

Estimadas familias.

Achegamos como arquivos adxuntos as propostas de traballo para os vindeiros días.

Por outro lado, queremos propoñervos unha nova actividade, unha videoconferencia en directo entre as titoras de cada escola co seu grupo de alumnos/as. Si hai familias interesadas en participar nesta actividade, deben de enviar un mail á súa escola de referencia cos seguintes datos: dirección de correo electrónico, nome e apelidos do adulto e nome e apelidos do neno/a.

Hai que inscribirse antes da 13:00 do xoves 26 de marzo. As direccións de correo das escolas son as seguintes:

Enderezo de Senra: senraescola@gmail.com

Enderezo de Deixebre: deixebreescola@gmail.com

Enderezo de Trasmonte: escolatrasmonte@gmail.com

Enderezo de Vilacide: escolavilacide@gmail.com

 

Xa que non hai ferramentas de videochamada nas aplicacións desta páxina web da Consellería, usaremos a plataforma Zoom, para o que é preciso un rexistro previo. Unha vez que saibamos as familias que queren participar, enviaremsvos instrucións máis concretas para o rexistro e o seu uso. A dirección é: https://zoom.us/

 

Por outro lado, mandámosvos un contacontos de dous autores que xa estiveron no noso CRA en algunha ocasión:

 

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/a-barca-dos-sorrisos-o-salon-enriba-dunha-arbore-por-brais-e-anxo-moure/

 

 Unha aperta moi forte de todo o profesorado!!!

 

Propostas de traballo 23 e 24 de marzo

Estimadas familias, publicamos (como arquivos adxuntos) unha proposta de traballo, adaptada a cada unha das idades do noso alumnado. Dentro de cada unha das propostas hai tarefas comúns (que todos os nenos/as desenvolven de xeito conxunto nas escolas, como poden ser os contos) e tarefas específicas (sobre todo o traballo de escritura e cálculo). Dentro de cada proposta, hai diversos tipos de traballo, en función da dispoñibilidade de medios, sobre todo para as tarefas escritas. 

As propostas complementan as tarefas que vos facilitamos a semana pasada, que eran máis xerais. 

A partir de agora, iremos publicando tarefas por días concretos, para facilitarvos o maís posible a atención ao alumnado. 

Como complemento ao que publicamos para cada idade, podedes usar os programas educativos, que se emitirán na TVG2 e no canle de Clan todas as mañás, en colaboración coa Consellería de Educación e co Ministerio de Educación.

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-...

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

Desculpade os retrasos na publicación dos recursos. As páxinas webs dos centros non están preparadas para esta sobrecarga de traballo, polo que estiveron case toda a mañá bloqueadas.

Unha aperta moi forte.

Contacontos online e música en directo (venres 20 marzo ás 16:45)

 

Queridos/as nenos/as e familias, queremos compartir convosco uns contacontos e un concerto dun músico coñecido polos nenos/as. Paco Nogueiras retransmite hoxe por Instagram un concerto en directo, ás 16:45.

 CONCERTO ONLINE Paco Nogueiras 20 marzo - Instagram:

https://www.instagram.com/p/B91WqSsHvKL/?utm_source=ig_web_button_share_sheet

CONTO: “DESAYUNO DE PRIMAVERA”:

https://www.youtube.com/watch?v=gAc-BvadoLQ&feature=youtu.be&fbclid=IwAR15ka3kRwa5InvFYdqdJU10qh10dBrLY8--vop2AF0kbJ6bOlZgCjGIOfI

 CONTACONTOS: Fábrica de Paraules:

https://www.facebook.com/fabricadeparaules/?ref=search&__tn__=%2Cd%2CP-R&eid=ARAhcaxy7eQbp-ctchZTE8r7UQthSH07yUu5yECgzZlkZloTvf-BSjvZ_qp1iObohd7eITxohQF2g8bs

CONTO: “A máscara do León”: 

https://drive.google.com/drive/folders/1b9nECmH86fT9wTTZicM09r9ZkIw_q20b

  

A partir do luns seguiremos publicando máis recursos educativos, intentando ofrecervos un amplo repertorio para que se poida adaptar a todas as circunstancias.

Publicaremos manualidades, contos, fichas con exercicios de matemáticas e lingua...

Tamén publicaremos distintos recursos online con xogos e actividades de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.

 Ao igual que nesta ocasión, cando publiquemos recursos, mandarémosvos unha mensaxe pola aplicación abalarMóbil, para que non teñades que estar pendentes.

Unha aperta moi forte de todo o profesorado!!!

Actividades alumnado CRA Oroso marzo 2020

Estimadas familias.

Achegamos unha proposta de actividades para desenvolver, na medida da vosa dispoñibilidade, nos vosos domicilios. Por motivos técnicos, non puidemos facer antes esta publicación.

Queremos agradecer a vosa colaboración e poñémosnos á vosa disposición para solucionar calquera dúbida que vos poida xurdir. 

O horario de atención telefónico será de 10:00 a 13:00. Os números de teléfono de contacto son:

Escola de Deixebre: 628 07 16 52

Escola de Senra: 676 56 50 69

Escola de Trasmonte: 628 07 16 03

Escola de Vilacide: 628 07 12 49

Dirección do CRA de Oroso: 628 07 14 38

 

De parte de todo o profesorado, unha aperta moi grande para todos/as os/as nenos/as e para as súas familias!!!

Suspensión de clases, atención educativa alumnado e período de admisión curso 20-21

Unha vez publicadas as novas instruccións por parte da Consellería de Educación, o noso centro de ensino queda encadrado na categoría de centros de Educación infantil e primaria, de menos de 6 unidades. Segundo o establecido pola Consellería, nestes centros "A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)".

A vindeira semana, o noso centro publicará a proposta de atención educativa para o noso alumnado e facilitará números de teléfono de contacto co profesorado, así como o horario de atención telefónica ás familas.

O proceso de solicitude de admisión para o curso 20-21 queda prorrogado. O prazo de solicitude de admisión remataba o 20 de marzo, pero dadas as circunstancias actuais, a Consellería de Educación dispón que "Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes".

 Estas instruccións teñen carácter provisional, polo que poden ser modificadas en calquera momento.

O centro educativo seguirá informando ás familias do alumnado mediante a publicación de información nesta web, contando como medio alternativo coa aplicación abalarMóbil.

Suspensión clases dende o luns 16 de marzo - Coronavirus

Segundo anuncian os principais medios de comunicación, a partires da vindeira semana, en concreto dende o luns 16, quedan suspendidas todas as actividades lectivas, complementarias e extraescolares nos centros educativos

O venres 13 de marzo os centros educativos permanecerán abertos, coa recomendación de non asistencia por parte do alumnado.

Dentro do respecto ás decisións individuais de cada familia, agradeceríamos que se comunicara na escola de referencia a asistencia ou non asistencia para o vneres 13 de marzo.

En canto dispoñamos de máis información, seguiremos informando por medio desta páxina web ou pola aplicación abalarMóbil.

 

https://www.lavozdegalicia.es/retransmision/sociedad/2020/03/12/directo-coronavirus-pico-transmisiones-llega-fin-china-trump-prohibe-viajes-europa-estados-unidos/01071583992893632908194.htm

 

https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/suspendidas-clases-galicia-coronavirus/idEdicion-2020-03-12/idNoticia-1235213/

Inicio do procedemento de admisión de alumnado curso 20-21

O prazo de admisión para o alumnado que comece a súa escolarización ou desexe cambiar de centro educativo para o curso 20-21 é do 1 ao 20 de marzo. 

Toda a información sobre este procedemento e a documentación a presentar achéganse como arquivos adxuntos. Haberá copias en papel desta documentación para as familias interesadas nas distintas escolas unitarias. 

Ao longo do mes de marzo, as familas interesadas poderán visitar calquera das nosas escolas, preferiblemente en horario de 12:15 a 12:45 e previa cita. Os números de teléfono e localización de cada unha das escolas están publicados na web do noso centro, na sección "Aulas do CRA" (na columna lateral esquerda). 

 

Matrícula curso 20-21. Reserva de praza en centro adscrito do 1 ao 17 de febreiro.

O vindeiro 1 de febreiro comeza o periodo de reserva de praza para o curso 20-21. O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de febreiro.

Este periodo de reserva de praza é exclusivo para o alumnado que no curso 20-21 continuará a súa escolarización no centro adscrito, o CEIP Sigüeiro.

O alumnado que no curso 20-21 continuará a súa escolarización noutro centro ten que facer a súa solicitude do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado que no curso 20-21 continuará a súa escolarización no CRA de Oroso non ten que realizar ningún trámite.

Para facer o procedemento de reserva de praza hai dúas posibilidades:

  • De xeito telemático: A través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).
  • De xeito manual: Cubrindo o anexo de reserva de praza e entregándoo na escola unitaria onde cursa estudios o/a alumno/a. Pódese empregar o arquivo adxunto ou pedir unha copia nas escolas.

Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut