Matrícula curso 20-21 - Listaxe provisional alumnado admitido

Segundo as INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021, as listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas serán elaboradas, exclusivamente, mediante a aplicación admisionalumnado, e a súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo). Non obstante, nas páxinas web poderase anunciar o momento en que as listaxes estean dispoñibles na aplicación.

Considerando as Instrucións da Consellería de Educación, anunciase que xa están dispoñibles as listaxes na aplicación admisionalumnado para a súa consulta non presencial.

Debido ao estado de alarma, si algunha familia quixera consultar o estado da súa solicitude de xeito presencial, debería concertar cita previa no teléfono 628 07 14 38 (horario de 10:00 a 13:00) ou no correo cra.oroso@edu.xunta.gal

Con carácter xeral, infórmase de que todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión resultou admitido e así consta na listaxe provisional de admitidos para o curso 20-21.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013