Música

Audicións do Barroco - 3º ESO

Aquí tedes os enlaces a dous glogsters nos que poderedes escoitar moitas obras representativas da música Barroca. Darédevos conta de que coñecedes máis obras deste período do que credes...


http://ramoneg.edu.glogster.com/musica-del-barrocoi/


http://ramoneg.edu.glogster.com/musica-del-barroco-ii/

Posicións da frauta en flash

Aquí vos deixo un enlace a un recurso para coñecer as posicións da frauta de bico de xeito interactivo. Agardo que vos resulte de interese.

 

http://musicalinex.educarex.es/portal/?p=73

Fragmentos de obras da Historia da música - 2º ESO

Como sabedes, o próximo exame de frauta é de catro fragmentos de obras da Historia da música. Déixovos os enlaces para que poidades escoitalas.

 

 

 

E a partir do segundo 0'40'' 

Audicións do Renacemento - 3º ESO

Déixovos os enlaces para que poidades escoitar de novo as audicións que vos puxen a semana pasada na aula.


A primera audición é o Ave María de Tomás Luis de Victoria. É un bo exemplo dunha misa cantada en latín, coas catro voces típicas do Renacemento e a alternancia entre contrapunto e homofonía.


 



 O segundo enlace é o coral protestante. Xa vos aclarei que o exemplo que vos puxen é de Bach, que pertence ao período seguinte (Barroco), pero reflicte moi ben as características do coral renacentista: está escrito en latín, ten forma AAB, catro voces, caldeiróns ao final de cada verso...


 



 O último enlace é da danza "Belle qui tiens ma vie". Esta obra xa é profana, pois está escrita en francés e está destinada ao baile. Esta pavana (danza lenta) vai seguida unha gallarda (danza rápida).


 


Crear música coas novas tecnoloxías

As TIC facilitan o repertotio de utilidades e recursos para crear músic, ben sexa rítmica , melódica, instrumental, vocal...

Aquí tendes información de algunhas aplicacións para traballar coa música.

Gravacións na aula de música

Déixovos o seguinte enlace para que poidades ver as vosas interpretacións na aula de música. Irei colgando os vosos "concertos" do que vaiamos traballando na aula.

https://www.dropbox.com/sh/y71tlvi3352qp1d/Hm-PvHkD41

Recoméndoche que escoites: Mylo Xyloto de Coldplay

Todos temos algunha canción que nos gusta escoitar unha e outra vez. Porque nos recorda algún momento especial ou a alguén que queremos. Outras veces namorámosnos dunha canción a primeira vez que a escoitamos. Porque si, porque ten algo; pola nosa afinidade co grupo que a toca, pola sensación que nos transmite.

A miña primeira recomendación musical do curso será Mylo Xyloto, o último disco de Coldplay. Identifícome coa súa múscia, con algunhas das súas letras, e por iso che convido a ver estes dous vídeos do seu último disco, subtitulados en castelán. Se podes, sube o volume...

 

Ola a todos e a todas


Ola a todos e a todas:<?xml:namespace prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" />


O curso xa vai rodando. Un ano
máis.


Son Silvia. Despois dun mes de
clase, xa me coñecedes. Que podo contarvos?


Pois que durante este curso
empregaremos esta páxina con distintos fins:


Poderedes ver gravacións
dalgunhas das interpretacións musicais que levades a cabo na aula.


Recomendareivos música que me
gusta, desta época e doutras, da nosa cultura e doutras, e vós poderedes
recomendar (para min e para os vosos compañeiros/as) a música que vos gusta a
vós. Quen sabe, ao mellor os gustos coinciden…


Tambén colgarei partituras de
cancións que probablemente coñezades e que ao mellor vos gustaría tocar.
Animádevos! Se vos interesa conseguir unha partitura, falade conmigo e
intentarei conseguila.


Vémonos.


Silvia Padrón.

Vídeos musicais curiosos (pincha aquí para velos todos)

Vídeos musicais curiosos Bótalles un ollo aos vídeos musicais que che presentamos. Todos conteñen música do século XX, que seguro que che sorprende. Unha botella de coca-cola pode ser un instrumento musical: o músico armenio ARTO TUNCBOYACIYAN deléitanos con esta melodía, para a que só emprega unha botella de vidro e unha pandeireta.http://www.youtube.com/watch?v=vfuVnFLWa48 Cantos instrumentos de percusión soan no seguinte vídeo?

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer