Vídeos musicais curiosos (pincha aquí para velos todos)

Vídeos musicais curiosos Bótalles un ollo aos vídeos musicais que che presentamos. Todos conteñen música do século XX, que seguro que che sorprende. Unha botella de coca-cola pode ser un instrumento musical: o músico armenio ARTO TUNCBOYACIYAN deléitanos con esta melodía, para a que só emprega unha botella de vidro e unha pandeireta.http://www.youtube.com/watch?v=vfuVnFLWa48 Cantos instrumentos de percusión soan no seguinte vídeo? De onde procede toda esta CAIXA DE RITMOS?http://www.youtube.com/watch?v=ZKslDLPpp34  O BEATBOXING consiste en facer soar a boca coma se fose unha caixa de ritmos. Xa pudiches velo no vídeo anterior. Como soará se o unimos a unha frauta traveseira? Compróbao no seguinte enlace:http://www.youtube.com/watch?v=59ZX5qdIEB0 Moitas veces música e imaxe van ligadas. Recreémonos con esta animación, que emprega unha das pezas máis coñecidas do música francés YANN TIERSEN:http://www.youtube.com/watch?v=svFrQA1tiLI Sabes o que é un THEREMIN? Escoita como soa:http://www.youtube.com/watch?v=Wph6wGwPn9M Agoa que xa coñeces este instrumento musical electrónico, escoita o CLARO DE LUNA de DEBUSSY.http://www.youtube.com/watch?v=Xn4TgYkqdi8 Escoita a estes catro músicos interpretando o BOLERO de RAVEL compartindo entre todos un violonchelo.http://www.youtube.com/watch?v=H5MLNMgpywk 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer