Novo blogue de Educación Infantil

Estimadas familias:
Comezamos un novo trimestre e esta vez ímolo facer dunha maneira un tanto especial debido a problemática mundial. Mentres sigamos nesta situación as clases vanse desenvolver de maneira telemática e en Educación Infantil  ímolo facer a través do seguinte blog: https://escolanacasa.blogspot.com
Podédes acceder a través da web do centro, pinchando na seguinte icona que se atopará no menú de blogues, e tamén no de Recursos do Menú de Educación Infantil.
 
 
ou directamente co link: https://escolanacasa.blogspot.com
Diariamente iremos colgando diferentes tarefas que os nenos/as terán que realizar na casa.
Moito ánimo para todos!
Un saúdo,
Equipo Ed. Infantil
 

INFORMACIÓN FAMILIAS/ALUMNADO DE 1º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Co obxectivo de mellorar a atención ao alumnado,  modificamos o funcionamento da AULA VIRTUAL  de ED. PRIMARIA.  A partir de agora o alumnado deberÁ acceder co seu nome de usuario e contrasinal.

O usuario de cada alumno será o primeiro nome e o primeiro apelido, xuntos en minúsculas, sen acentos, nin diérese e substituíndo a letra ñ pola n. Por exemplo: Xosé Antonio Camiño Suárez terá como usuario xosecamino. O contrasinal será 1234,  ao acceder por primeira vez a plataforma vai solicitar o seu cambio.

Existen unha serie de vídeo-titoriais para o acceso e manexo básico da aula virtual neste enlace.

Para calquera erro, dúbida dispoñen do correo electrónico, incidenciascpisantalucia@gmail.com

CIRCULAR FAMILIAS: PECHE DA 2ª AVALIACIÓN.

 Antes de nada, aproveitamos a ocasión para transmitirvos o noso desexo de que esteades ben, levando o mellor posible a corentena á que obrigou o estado de alarma decretado pola crise sanitaria do COVID-19.

 Como sabedes, segundo recolle o calendario oficial do curso 2019/20, o vindeiro 3 de abril remata a segunda avaliación. Como tamén sabedes, debido á situación excepcional arriba mencionada, a actividade educativa presencial suspendeuse nos centros educativos o pasado 13 de marzo. Seguindo as directrices marcadas desde a Consellería de Educación, no caso do noso centro continuamos traballando a distancia tanto en primaria como en secundaria, ben a través da aula virtual do centro ou a través de E-Dixgal.

 Na Conferencia Sectorial de Educación do pasado 25 de marzo, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade educativa presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central: (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634)

 Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.

 Por outra banda, recibimos as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

 1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. (...)

 2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

  Tendo en conta o anterior, informámosvos de que:

 -Todo o alumnado do centro será avaliado segundo o traballo que realizara ata o día 12 de marzo, último día de asistencia obrigatoria ao centro.

  -As cualificacións do alumnado publicaranse na plataforma AbalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril ao longo da mañá. Se algún pai/nai non ten instalada a aplicación, pode descargala no enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil nun teléfono móbil que teña asociado un número de teléfono que figure no expediente do seu fillo/a no colexio.

  Dado que a suspensión da actividade educativa presencial fixo que non se levasen a cabo todas as actividades, probas, exames, traballos... previstos nas programacións didácticas, o profesorado poderá adaptar de xeito excepcional para o segundo trimestre os criterios de cualificación empregados para avaliar ao seu alumnado. Toda a información relacionada cos criterios empregados por cada profesor/a serán expostos na páxina web do centro.

   O Equipo directivo.

    Criterios de cualificación na ESO da 2ª Avaliación_Curso 2019/2020

AXUDAS ECONÓMICAS COMEDOR ESCOLAR. CORONAVIRUS: COVID-19

Dirixidas a familias que teñen fillos/as que empregan o servizo de comedor de xeito gratuíto ou pagando 1€ por día.

Presentación de solicitudes:

-    Opción 1: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, buscando o procedemento ED601B.

-    Opción 2: Para as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos: enviar ao correo electrónico do centro cpi.santa.lucia@edu.xunta.es a seguinte información:

1.   Fotografía do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

2.   Nome e apelidos do titor; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

3.   Fotografía do comprobante do número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Prazo do 3 de marzo ao 6 de abril, ámbolos dous incluídos.

Moi importante: Ler o Documento explicativo.

Departamento de Orientación_Pautas dos especialistas de Audición e Linguaxe

Podes consultar aquí as ideas e recomendacións que os especialistas de Audición e Linguaxe do Departamento de Orientación do centro propoñen para poñer en práctica neste periodo que estamos a atravesar.

Aviso do Departamento de Orientación

A pesar destes momentos tan especiais o Departamento de Orientación segue á vosa disposición, tanto á disposición das nosas familias como do noso alumnado.

Nestes momentos poden xurdir dúbidas escolares, vocacionais ou persoais e aí estaremos, coma sempre!! Axudando no que poidamos!

Pódeste poñer en contacto con todos os membros do noso departamento:

  -María Fernández

  -Lorena Búa

Procedemento de traballo durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial

Durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial, seguirase co traballo na aula virtual do centro (no caso de alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO) e no EVA E-Dixgal (para o alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO).

a) Alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO.

No seguinte videotitorial  explícase como acceder á aula virtual do CPI Santa Lucía e o procedemento de traballo co material alí aloxado.

Os datos de acceso para o alumnado ESO son os seguintes:

Nome de usuario: será o nome completo e o primeiro apelido en minúsculas e sen tildes e ñ (ex: para Luis Pérez sería luisperez)

Suspensión das actividades educativas presenciais

A partir do luns 16 de marzo e ata o 29 de marzo, o CPI Plurilingüe Santa Lucía permanecerá pechado para a atención ao público e suspenderase a actividade educativa presencial, seguindo o Artigo 9 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das aulas dixitais (Aula virtual e E-Dixgal) nas etapas de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

Para calquera consulta estamos á súa disposición no correo electrónico do centro: cpi.santa.lucia@edu.xunta.es

 

Silvia Padrón

directora.

Proceso de admisión

PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Powered by Drupal - Design by artinet