Cualificacións e período de reclamación
Atendendo a normativa de referencia (ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia, orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia), o período de reclamación as cualificacións será de dous días hábiles desde o día seguinte da comunicación.
25 de xuño: Comunicación das cualificacións a través de AbalarMóbil (ás 12:00).
26 e 27 de xuño: Período de reclamación formal ante dirección en horario de 11:00 a 13:00.
Calendario materias pendentes mes de xuño
Publícase o calendario correspondente ao mes de xuño de materias pendentes de outros cursos para alumnado de ESO.
PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar
Dende fai uns días temos instalado no centro un Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso, enviado dende a Consellería e consistente nun buzón onde calquera membro da comunidade escolar pode depositar de xeito anónimo feitos dos que é coñecedor de acoso ou ciberacoso a alumnado do centro.
Do mesmo xeito na páxina web está habilitado un punto laranxa virtual onde se poden deixar mensaxes, tamén de xeito anónimo, sobre situacións vividas en primeira persoa ou a terceiros, co fin de contribuir á eliminación deste tipo de comportamentos e preservar o benestar do noso alumnado.
Na entrada do edificio administrativo temos guías informativas para alumnado, profesorado e familias que nos poden servir de axuda no tratamento dos dispositivos dixitais e das redes sociais dos menores.
Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar escolar 2024-2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.
Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.
Enlace fondolibros convocatoria 2024-2025
Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)
ESCOLA DE FAMILIAS
ESCOLA DE FAMILIAS
CHARLA "ADOLESCENCIA E SAÚDE MENTAL"
24 DE MAIO ÁS 20:00 MULTIUSOS DE MORAÑA
Avaliación de diagnóstico
A continuación podedes atopar os enlaces aos cuestionarios de contexto.
4º EP: https://enquisas.edu.xunta.gal/649647
2º ESO: https://enquisas.edu.xunta.gal/272794
Admisión alumnado
Publicadas as listaxes difinitivas do alumnado admitido e non admitido.
Poderán consultar as listaxes:
-
Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
-
Telematicamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Lembrámoslle que o PRAZO para FORMALIZAR MATRÍCULA será:
- Para o alumnado EI e EP: do 20 ao 30 de xuño de 2024.
- Para o alumnado ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »