Reunión cos pais/nais/titores/as do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria

O vindeiro luns 7 de Outubro de 2019 as 18:30h, terá lugar unha reunión inicial cos pais/nais/titores/as do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, no salón de usos múltiples.

X.E. de Educación Secundaria

 

Aviso familias alumnado 6º primaria usuario comedor escolar.

Estimadas familias:

Informámosvos de que no presente curso o número de alumnos/as de infantil e primaria usuarios/as de comedor escolar supera o número de prazas dispoñibles na primeira quenda. É por ese motivo que, segundo o Protocolo de comedor aprobado na reunión de Consello escolar celebrado o día 23 de setembro de 2019, a partir do 25 de setembro de 2019 o alumnado de 6º de primaria empregará o servizo de comedor na segunda quenda, de 15.15h a 16.00h.

Tal e como recolle o Protocolo de comedor arriba mencionado:

As familias que, por motivos de conciliación, necesiten que o seu fillo/a de 6º de primaria empregue o servizo de comedor na primeira quenda, deberá solicitalo por escrito ante a Dirección do centro, xustificando documentalmente algún dos seguintes motivos:

1.      Que o seu fillo/a presenta unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

2.      Que o seu fillo/a está matriculado nunha ensinanza regulada oficial fóra do horario escolar, e precisa saír do centro coa suficiente antelación (Ensinanzas de música e/ou danza, Escolas oficiais de idiomas...)

3.      Alumnado que reciba rehabilitación médica ou logopédica, e precisa saír do centro coa suficiente antelación.

Por ese motivo, a partir do 25 de setembro de 2019 o seu fillo/a empregará a segunda quenda de comedor, salvo que vostede como pai/nai ou titor/a solicite por escrito que empregue a primeira quenda por darse algunha das circunstancias arriba mencionadas.

 

Un saúdo.

A dirección.

Reunión Pais/nais/titores alumnado de 2º,3º, 4º, 5º e 6º

O vindeiro luns 23 de setembro de 2019 as 16:30h, celebrarase unha reunión inicial cos pais/nais/titores/as do alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, no salón de usos múltiples.

X.E. Ed. Infantil e Primaria.

FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas_ESO

FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas

FONDO LIBROS 

  •     3º e 4º de ESO

 

 

Data publicación das listaxes definitivas  E.S.O.: 13 de setembro de 2019

Listaxe  definitiva de admitidos ESO

Listaxe definitiva de excluídos ESO

 

Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.

Inicio do curso 2019-2020 na ESO

DATA: 16 de Setembro

HORA: 9:30

LUGAR: Porta de entrada ao edificio de ESO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR_RECOLLIDA DE VALES

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE  MATERIAL ESCOLAR.

(Alumnado da ESO que tiña materias pendentes para setembro)

 

DATA PARA  A RECOLLIDA DOS VALES

Venres, 13 de setembro  de 2019

 

HORARIO: DE 09:30 horas -13.30 horas

Recoller os pais ou titor/a legal ou persoa autorizada.

A persoa autorizada debera presentar o formulario de autorización, fotocopia DNI do pai/nai/titor/a legal e DNI orixinal  do autorizado/a.

O formulario de autorización pode recollerse no centro ou descargarse na páxina web.

Descarga formulario de autorizaciónna páxina web

AVISO IMPORTANTE SOBRE O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR.

Estimadas familias:

Os días 11, 12, e 13 de setembro os autobuses recollerán ao alumnado de infantil e primaria no centro ás 15.15h.

A partir do luns 16 de setembro a hora de recollida do alumnado de infantil e primaria no centro será ás 16.00h.


Equipo directivo.

FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas

FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas

 

  •     3º e 4º  de Educación primaria
  •     3º e 4º de ESO

 

Data publicación das listaxes definitivas Ed. primaria: 16 de xullo de 2019

Listaxe  definitiva de admitidos Educación primaria.

Listaxe definitiva de excluídos Educación primaria.

 

Data publicación das listaxes definitivas  E.S.O.: 13 de setembro de 2019

 

Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.

FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais

FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais

FONDO LIBROS 

  •     3º e 4º de Educación primaria
  •     3º e 4º de ESO

Data publicación das listaxes provisionais: 10 de xullo de 2019

Listaxe  provisional de admitidos Educación primaria 

Listaxe provisional de excluídos Educación primaria.

Listaxe  provisional de admitidos ESO.

Listaxe provisional de excluídos ESO.

 

Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a, para saber os libros das materias que se lle asigna a cada alumno/a é necesario esperar as listaxes definitivas.

Reclamación  á publicación da listaxe provisional: 11 e 12 de xullo de 2019.

·       Datas de publicación das listaxes definitivas:

    • De EP (3º e 4º): o 16 de xullo de 2019.
    • De ESO ( 3º e 4º): o 13 de setembro de 2019.

 

Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.

Powered by Drupal - Design by artinet