Día Internacional das Familias

Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía ponse a disposición das familias a GUÍA PARA FAMILIAS, coa que obter información básica sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia, favorecendo así a labor preventiva da familia como principal axente de socialización.

Para acceder a dita GUÍA podes clicar no seguinte enlace:

https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2021/2022

Este proceso desenvólvese en 4 fases:

  • 1ªFASE:

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2021/2022.

Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito,  no noso caso abrangue os seguinte centros:

a. Escola de educación infantil de Amil

b. Escola de educación infantil San Lourenzo de Moraña (Espedregueira)

c. Escola de educación infantil de Lamas (Souto)

Prazo do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Para máis información preme aquí.

  • Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Publicada o 22/02/2021 no centro educativo.

Bolos para a paz

Traballo realizado polo alumnado do CPI Plurilingüe Santa Lucía para o Día da Paz.

 

Mandatos do Entroido

Benvidos Entroido!

 

Comezamos a semana máis divertida do ano, a semana do Entroido!

Como queremos pasalo xenial dende o primeiro día, lembrade o que nos di BOTI para animarnos a disfrutar!

Aquí tendes o último mandato de BOTICPI3MO:

                      

                              

NOVAS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR.

INTRUCIÓNS PAGAMENTO TAXAS COMEDOR ESCOLAR A TRAVÉS DE ABALARMÓBIL.

Informámosvos de que as familias responsables do alumnado usuario de comedor que ten a obriga de aboar parcial ou totalmente este servizo podedes efectuar o pagamento telemático da taxa a través da aplicación AbalarMóbil.

Ao realizar o pagamento deste xeito, non necesitades desprazarvos á entidade bancaria, nin presentar no centro o impreso xustificativo, xa que a secretaría do colexio recibe a comunicación inmediata de que a taxa foi aboada. 

Podedes consultar as instrucións neste enlace.

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

 

PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR.

Pódese consultar neste enlace.

 

REPARTO DE MÁSCARAS FACIAIS – ALUMNADO ESO.

Estimadas familias:

Con data do 13 de novembro foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".

Seguindo a Orde anterior, cada alumno/a do noso centro que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá tres máscaras faciais reutilizables, homologadas e certificadas ata 59 lavados. Podedes consultar o Certificado 12903 e o Certificado 19980 das máscaras adquiridas.

A partir do luns 11 de xaneiro repartiranse as máscaras correspondentes ao alumnado de ESO. As máscaras serán entregadas a un dos proxenitores, que poderán recollelas na Secretaría do centro en horario de 09.45h a 12.00h e de 13.30h a 14.00h. 

Nos vindeiros días avisaremos das datas de recollida das máscaras destinadas ao alumnado de primaria.

Un saúdo,

Silvia Padrón

Directora.

Especial fin de ano do CPI Plurilingüe Santa Lucía

Powered by Drupal - Design by artinet