AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021_22

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2021/22.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (21/05/2021) e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros do­centes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Horario de atención no centro educativo: 9:45 - 12:00 ou de 13:30 - 14:00.

·         Orde do 6 de maio de 2021.

·        Información e formularios de solicitude (Anexo I e II)

Letras Galegas

Preme neste enlace e escribe as túas dúas palabras favoritas en lingua galega.

https://www.menti.com/fkt68wub4m

 

Eurovisión na casa.

 

Toda a información aquí.

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2020/2021

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2020/2021.

Solicitude de admisión de alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez.

Este suposto é para o alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos reflectidos na fase anterior.

Prazo do 11 ao 18 de maio.

·      Resolución do 7 de maio de 2020: Restablecemento do procedemento de admisión

·      Anexo II: Formulario de solicitude de admisión.

·      Vacantes ofertadas polo CPI Plurilingüe Santa Lucía para o curso 2020/21.

·      Enlace á aplicación AdmisiónAlumnado onde se recolle toda a información necesaria para solicitar a admisión no Centro.

Todos/as os que opten por presentar a solicitude de xeito presencial, deben solicitar cita previa no número de teléfono do centro, 886159528, de Luns a Venres en horario de 09.00h a 14:00h. A solicitude debe presentarse no centro cuberta e asinada por ambos proxenitores; por favor lean con atención a documentación que deberían entregar e rogamos a máxima atención para facer todo o proceso do xeito requirido. Documento.

Agradecemos moito a súa colaboración.

Para máis información e para recoller os impresos de admisión pódense dirixir á Secretaría do CPI Plurilingüe Santa Lucía en horario de atención ó público de 9:00 – 14:00 horas.

Programa do Departamento de Orientación para a mellora do benestar emocional dos nosos nen@s e adolescentes

Nestes momentos tan difíciles para todos, desde o Departamento de Orientación do centro queremos ofrecervos unha pequena axuda para seguir levando esta situación, o mellor posible. Para que tanto os rapaces coma vós aproveitedes unhas sinxelas pautas para mellorar o benestar emocional.

Podes acceder ao programa de benestar emocional nesta ligazón.

Tamén podedes acceder na sección de blogues desta páxina web ao blogue da mestra de pedagoxía terapéutica de secundaria: Marabillas Terapéuticas

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS.

Estimadas familias:


    Como sabedes, nas vindeiras semanas continuaremos traballando a través da Aula virtual e de E-dixgal en Primaria e Secundaria, e do blogue https://escolanacasa.blogspot.com en Infantil.

     Dende o centro queremos agradecervos o voso esforzo de adaptación a esta nova forma de ensino-aprendizaxe, nova para vós, pero tamén para moitos de nós. É importante que animedes aos vosos fillos/as en todo este proceso, pois o apoio e acompañamento da familia é fundamental. É importante que saiban que o traballo que poidan realizar sempre lles vai beneficiar, e o profesorado poderá valoralo positivamente.

       Como sempre, estamos á vosa disposición para o que necesitedes:
- Cuestións xerais: cpi.santa.lucia@edu.xunta.es. Tel. 886159528. Lu-Ve: 09.30-13.30h.
- Comunicación co profesorado: Citas de titoría por AbalarMóbil.
- Consultas técnicas sobre a Aula virtual: incidenciascpisantalucia@gmail.es
- Consultas técnicas sobre E-Dixgal: Servicio Premium: soporte.premium@edu.xunta.es Tel. 881 86 99 00.


     Un cordial saúdo,


     Silvia Padrón
     directora

Novo blogue de Educación Infantil

Estimadas familias:
Comezamos un novo trimestre e esta vez ímolo facer dunha maneira un tanto especial debido a problemática mundial. Mentres sigamos nesta situación as clases vanse desenvolver de maneira telemática e en Educación Infantil  ímolo facer a través do seguinte blog: https://escolanacasa.blogspot.com
Podédes acceder a través da web do centro, pinchando na seguinte icona que se atopará no menú de blogues, e tamén no de Recursos do Menú de Educación Infantil.
 
 
ou directamente co link: https://escolanacasa.blogspot.com
Diariamente iremos colgando diferentes tarefas que os nenos/as terán que realizar na casa.
Moito ánimo para todos!
Un saúdo,
Equipo Ed. Infantil
 

INFORMACIÓN FAMILIAS/ALUMNADO DE 1º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Co obxectivo de mellorar a atención ao alumnado,  modificamos o funcionamento da AULA VIRTUAL  de ED. PRIMARIA.  A partir de agora o alumnado deberÁ acceder co seu nome de usuario e contrasinal.

O usuario de cada alumno será o primeiro nome e o primeiro apelido, xuntos en minúsculas, sen acentos, nin diérese e substituíndo a letra ñ pola n. Por exemplo: Xosé Antonio Camiño Suárez terá como usuario xosecamino. O contrasinal será 1234,  ao acceder por primeira vez a plataforma vai solicitar o seu cambio.

Existen unha serie de vídeo-titoriais para o acceso e manexo básico da aula virtual neste enlace.

Para calquera erro, dúbida dispoñen do correo electrónico, incidenciascpisantalucia@gmail.com

CIRCULAR FAMILIAS: PECHE DA 2ª AVALIACIÓN.

 Antes de nada, aproveitamos a ocasión para transmitirvos o noso desexo de que esteades ben, levando o mellor posible a corentena á que obrigou o estado de alarma decretado pola crise sanitaria do COVID-19.

 Como sabedes, segundo recolle o calendario oficial do curso 2019/20, o vindeiro 3 de abril remata a segunda avaliación. Como tamén sabedes, debido á situación excepcional arriba mencionada, a actividade educativa presencial suspendeuse nos centros educativos o pasado 13 de marzo. Seguindo as directrices marcadas desde a Consellería de Educación, no caso do noso centro continuamos traballando a distancia tanto en primaria como en secundaria, ben a través da aula virtual do centro ou a través de E-Dixgal.

 Na Conferencia Sectorial de Educación do pasado 25 de marzo, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade educativa presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central: (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634)

 Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.

 Por outra banda, recibimos as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

 1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. (...)

 2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

  Tendo en conta o anterior, informámosvos de que:

 -Todo o alumnado do centro será avaliado segundo o traballo que realizara ata o día 12 de marzo, último día de asistencia obrigatoria ao centro.

  -As cualificacións do alumnado publicaranse na plataforma AbalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril ao longo da mañá. Se algún pai/nai non ten instalada a aplicación, pode descargala no enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil nun teléfono móbil que teña asociado un número de teléfono que figure no expediente do seu fillo/a no colexio.

  Dado que a suspensión da actividade educativa presencial fixo que non se levasen a cabo todas as actividades, probas, exames, traballos... previstos nas programacións didácticas, o profesorado poderá adaptar de xeito excepcional para o segundo trimestre os criterios de cualificación empregados para avaliar ao seu alumnado. Toda a información relacionada cos criterios empregados por cada profesor/a serán expostos na páxina web do centro.

   O Equipo directivo.

    Criterios de cualificación na ESO da 2ª Avaliación_Curso 2019/2020

AXUDAS ECONÓMICAS COMEDOR ESCOLAR. CORONAVIRUS: COVID-19

Dirixidas a familias que teñen fillos/as que empregan o servizo de comedor de xeito gratuíto ou pagando 1€ por día.

Presentación de solicitudes:

-    Opción 1: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, buscando o procedemento ED601B.

-    Opción 2: Para as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos: enviar ao correo electrónico do centro cpi.santa.lucia@edu.xunta.es a seguinte información:

1.   Fotografía do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

2.   Nome e apelidos do titor; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

3.   Fotografía do comprobante do número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Prazo do 3 de marzo ao 6 de abril, ámbolos dous incluídos.

Moi importante: Ler o Documento explicativo.

Powered by Drupal - Design by artinet