FONDO LIBROS: Listaxes provisionais

Informámosvos de que a publicación da adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º e 4º de primaria para o curso 2021/22 farase o día 9 de xullo 2021.

Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a. Para saber os libros das materias que se lle asigna é necesario esperar as listaxes definitivas.

O prazo para a reclamación á publicación da listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 12 e 13 de xullo de 2021.

As listaxes definitivas sairán publicadas o 14 de xullo.

Os libros entregaranse aos alumnos/as no Centro no mes de setembro.

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 21/22

Podedes consultar aquí a lista de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2021-2022.

31 de Maio, Día Mundial sen tabaco

O 31 de Maio conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Neste momento que estamos a vivir, débemos darlle maior prioridade, se cabe, á saúde pública e individual. Para iso, dende o CPI Pluringüe Santa Lucía, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, queremos sumarnos á OMS, apoiando a súa campaña de promoción do abandono do consumo de tabaco e continuar coa campaña de contramárketing do ano pasado coa que se pretende contrarrestar as artimañas que dende a industria tabaqueira se están levando a cabo para captar novos clientes e clientas que substitúan ós millóns que van perdendo polas mortes prematuras que causa o consumo de tabaco.

A continuación incluimos a ligazón ao Manifesto do Día Mundial sen tabaco 2021 e a ligazón ao xogo Tabaco, canto sabes?, Co que comprobar os coñecementos que cada persoa temos sobre o tabaco e outros produtos do tabaco.

Para participar no xogo Tabaco, canto sabes? clica no seguinte enlace, e introduce o contrasinal PREVENCIÓN.

https://view.genial.ly/5eb3e795d4d59a0d61ff85d3/game-canto-sabes-sobre-o-tabaco

Semana do libro

Para celebrar a semana do libro no centro, os nenos e nenas contaron un contos, para visualizalos, preme no seguinte link:

Semana do libro

Día Internacional das Familias

Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía ponse a disposición das familias a GUÍA PARA FAMILIAS, coa que obter información básica sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia, favorecendo así a labor preventiva da familia como principal axente de socialización.

Para acceder a dita GUÍA podes clicar no seguinte enlace:

https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer