LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS (ALUMNADO DE ESO)
LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS NA ESO
Data publicación.- 23/09/2020
Lugar de consulta da listaxe dos libros concedidos.- No CPI Plurilingüe Santa Lucía.
Entrega dos libros.- Ó alumnado durante o mes de setembro.
Circular informativa familias alumnado secundaria_ Inicio de curso 2020/21
Pódese consultar na seguinte ligazón.
APRAZAMENTO DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS NA ESO
Debido ó aprazamento do inicio do curso en Educación Secundaria non podemos publicar a listaxe definitiva da asignación do fondo de libros para a ESO.
Publicaremos a listaxe o antes posible.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
(Alumnado da ESO que tiña materias pendentes para setembro)
Data para a recollida dos vales.- Martes, 15 de setembro do 2020
Horario:
- De 10:00 horas a 12:00 horas
- De 13:30 horas a 14:00 horas
Deben recoller o vale os pais/nais, titor/a legal ou persoa autorizada.
A persoa autorizada deberá presentar o formulario de autorización, fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a legal e DNI orixinal do autorizado/a. Descargar formulario de autorización.
Aprázase o inicio escolar do alumnado de secundaria aos días 23, 24 e 25 setembro.
Estimadas familias:
Segundo vén de saír publicado no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, aprázase o inicio do curso escolar para o alumnado da ESO do seguinte xeito:
- mércores 23 setembro: 1º e 2º ESO.
- xoves 24 setembro: 3º ESO.
- venres 25 setembro: 4º ESO.
Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889
Un saúdo,
Silvia Padrón
directora.
Resumo do Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 do CPI Plurilingüe Santa Lucía
Prema no seguinte enlace para acceder ao resumo:
Recollida de Autobuses ata o 15 de setembro
Estimadas familias,
Dende o 10 ata o 15 setembro, incluído, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que fai uso do transporte, será recollido polos autobuses ás 15:15 horas no centro educativo.
Un saúdo.
Circular informativa familias alumnado infantil e primaria - Curso 2020/21
Podedes consultar a Circular informativa neste enlace.
Podedes consultar a Enquisa de autoavaliación clínica da COVID19 neste enlace.
Nota acalaratoria: A enquisa deberá realizarse diariamente, pero non será necesario cubrila nin entregala no centro educativo.
Durante esta semana, o alumnado de infantil e primaria levarán a casa unha Declaración responsable. Unha vez asinada a Declaración por parte do pai/nai/titor legal, o alumno/a entregaralla ao titor o luns 14 de setembro. Declaración responsable.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR
Estimadas familias,
a continuación tedes a listaxe de material escolar que necesitarán os vosos fillos e fillas de cara o vindeiro curso 2020/2021:
Un saúdo.
Inicio do curso escolar 2020/21.
Estimadas familias:
Informámosvos de que, segundo vén de anunciar a Consellería de Educación, U. e F.P. na súa páxina web, o curso escolar 2020/21 comezará o vindeiro xoves 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado, do seguinte xeito:
Xoves 10 setembro: 4º e 5º infantil e 1º, 2º, e 3º primaria.
Venres 11 setembro: 6º infantil e 4º, 5º e 6º primaria.
Mércores 16 setembro: 1º e 2º ESO.
Xoves 17 setembro: 3º ESO.
Venres 18 setembro: 4º ESO.
Podedes consultar toda a información na páxina web da Consellería de Educación, U. e F.P.
http://www.edu.xunta.es/portal/node/31756
Un saúdo,
Silvia Padrón
directora.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »