RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E LISTAS DE MATERIAIS para o curso 2024/2025
A continuación atoparedes un enlace a relación de libros de texto e material didático para o curso 2024/2025:
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO
Por outro lado, pídese o seguinte material a todo o alumnado de Primaria e Secundaria:
CURSO | FOLIOS BRANCOS | CARTOLINAS |
1º EP | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 MARRÓN |
2º EP | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 VERMELLO |
3º EP | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 VERDE |
4º EP | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 AMARELO |
5º EP | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 AZUL CLARO |
6º EP | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 LARANXA |
1º ESO | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 NEGRO |
2º ESO | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 BRANCO |
3º ESO | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 ROSA |
4º ESO | 1 paquete de 500 de 80gr | 1 paquete A4 de 50 BRANCO |
Para o alumnado de Primaria tamén tedes as listas co resto de materiais no seguinte enlace:
*As listas quedan abertas a calquera material que se necesite durante o curso escolar, como os libros de lectura obrigatoria ou algún material de plástica que se pedirá unha vez iniciado o curso atendendo ás instrucións do profesorado.
*Pódese empregar material de outros cursos.
*O material debe vir marcado co nome do alumnado.
CONTRATACIÓN COLABORADORES COMEDOR PARA O CURSO 2024-2025
Dende hoxe e ata o 1 de setembro, queda aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios no comedor escolar durante o curso 2024-25
Cualificacións e período de reclamación
Atendendo a normativa de referencia (ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia, orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia), o período de reclamación as cualificacións será de dous días hábiles desde o día seguinte da comunicación.
25 de xuño: Comunicación das cualificacións a través de AbalarMóbil (ás 12:00).
26 e 27 de xuño: Período de reclamación formal ante dirección en horario de 11:00 a 13:00.
Calendario materias pendentes mes de xuño
Publícase o calendario correspondente ao mes de xuño de materias pendentes de outros cursos para alumnado de ESO.
PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar
Dende fai uns días temos instalado no centro un Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso, enviado dende a Consellería e consistente nun buzón onde calquera membro da comunidade escolar pode depositar de xeito anónimo feitos dos que é coñecedor de acoso ou ciberacoso a alumnado do centro.
Do mesmo xeito na páxina web está habilitado un punto laranxa virtual onde se poden deixar mensaxes, tamén de xeito anónimo, sobre situacións vividas en primeira persoa ou a terceiros, co fin de contribuir á eliminación deste tipo de comportamentos e preservar o benestar do noso alumnado.
Na entrada do edificio administrativo temos guías informativas para alumnado, profesorado e familias que nos poden servir de axuda no tratamento dos dispositivos dixitais e das redes sociais dos menores.
Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar escolar 2024-2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.
Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.
Enlace fondolibros convocatoria 2024-2025
Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)
ESCOLA DE FAMILIAS
ESCOLA DE FAMILIAS
CHARLA "ADOLESCENCIA E SAÚDE MENTAL"
24 DE MAIO ÁS 20:00 MULTIUSOS DE MORAÑA