RECORDATORIO RECOLLIDA DE MÁSCARAS
RECORDATORIO
Lembráselle ás famillias de Educación Primaria e Secundaria que aquelas que foran beneficiarias do cheque de material, que aínda non o fixesen, poden pasar a recoller as máscaras da Xunta por secretaría.
Horario:
9:45-12:00 horas
13:30-14:00 horas
Aquelas persoas que non poidan acudir ao centro, poden enviar unha persoa que elas autoricen. Prema aquí para descargar a autorización.
Punto limpo móbil
Coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, os concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro poñen en marcha un punto limpo móbil conxunto. Este punto limpo móbil percorrerá as diferentes parroquias, cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.
Hoxe pasaron polo noso centro para explicar ao alumnado o seu funcionamento e, durante unha semana, este punto limpo móbil estará no recinto. Se tedes papel, vidro, cartuchos de impresora, aerosois, envases de pinturas e vernices, lámpadas e tubos fluorescentes, pilas ou baterías de electródomésticos, acercádevos ao centro para depositalos.
Lembrade, a reciclaxe é un xesto sinxelo co que contribuímos á mellora do medio ambiente.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023
2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2022/2023.
Desde o próximo día 1 e ata o 21 de marzo, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
* Cumprimentación de solicitudes:
o A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.
o Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.
o De xeito manual. Hai que recoller o impreso ED550B (no centro ou aquí), cubrilo, asinalo e presentalo no centro xunto coa documentación que se indica máis abaixo.
* Documentación que se debe achegar:
o Fotocopia do DNI ou do libro de familia (páxina na que figure o alumno que solicita praza).
o Certificado do expediente académico, expedido polo centro no que está actualmente matriculado/a o alumno/a que solicita praza.
o De darse o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: antes do 25 de abril de 2022.
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: antes do 15 de maio de 2022.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2022.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO NA RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022/23 PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS.
Desde hoxe está publicada a listaxe de alumnado admitido que procede de centros adscritos de Educación Infantil, para o curso 2022/2023.
Poderase consultar no taboleiro de anuncios do noso centro.
Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza presentadas no centro foron admitidas.
Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2022.
DÍA DA PAZ - XOGOS COOPERATIVOS OLÍMPICOS
O día 31 de xaneiro e 1 de febreiro, dentro do proxecto Xogos Olímpicos de Moraña, disfrutaremos duns xogos e retos colaborativos/cooperativos para todo o alumnado de EI, EP e Secundaria para conmemorar o día escolar da non violencia e da PAZ. Nestes xogos os nenos e nenas non compiten entre sí senón que colaboran para conseguir un fin, incentivando o xogo en equipo e tamén valores como a empatía, colaboración do grupo, ninguén sobra e valórase o esforzo.
RECOLLIDA DE MÁSCARAS
Tal e como se recolle nas instrucións da Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, faráselle entrega de 3 máscaras hixiénicas reutilizables coa finalidade de que o alumnado as utilice, para a súa protección e a dos outros membros da comunidade educativa.
Segundo os criterios que establecen ditas instrucións serán beneficiarios destas máscaras aqueles alumnos e alumnas que fosen, tamén, beneficiarios do cheque escolar.
O horario de recollida será o seguinte:
-De 9:45 a 12:00
-De 13:30 a 14:00
Un saúdo
A directora
María Fernández Ferro
MENÚS COMEDOR 2º TRIMESTRE
MENÚS DO 2º TRIMESTRE:
UN SAÚDO
A DIRECTORA
MARÍA FERNÁNDEZ FERRO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »