Punto limpo móbil
Coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, os concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro poñen en marcha un punto limpo móbil conxunto. Este punto limpo móbil percorrerá as diferentes parroquias, cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.
Hoxe pasaron polo noso centro para explicar ao alumnado o seu funcionamento e, durante unha semana, este punto limpo móbil estará no recinto. Se tedes papel, vidro, cartuchos de impresora, aerosois, envases de pinturas e vernices, lámpadas e tubos fluorescentes, pilas ou baterías de electródomésticos, acercádevos ao centro para depositalos.
Lembrade, a reciclaxe é un xesto sinxelo co que contribuímos á mellora do medio ambiente.