Skip to Content

Taboleiro

LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

 

Tedes nos anexos seguintes a lista dos libros de texto para o próximo curso escolar 2024-2025:

Imágenes de Libro De Dibujos Animados - Descarga gratuita en Freepik

VALES MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS 2024-2025

 Xa están en secretaría os vales para mercar material para o próximo curso escolar.

Por outra parte, están publicadas as listaxes provisionais de Fondo Libros no taboleiro interior do centro.

Podedes efectuar as alegacións ata o luns 8 de xullo de 2024. O martes 9 de xullo publicaremos as listaxes definitivas.

 

Material escolar Educación Infantil

RECOMENDACIÓNS DA TEACHER DE PRIMARIA PARA O VERÁN

Inglés para infantil y primer ciclo de primaria | CEIP La Escalona

 

No adxunto tedes algunhas recomendacións de cadernos e ligazóns para repasar e xogar no verán coa lingua inglesa.

LISTAXE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025

 

Imágenes: utiles escolares | mochila escolar con útiles escolares ...

 

Aquí podedes consultar e descargar

a listaxe de material escolar para o

próximo curso:

FESTA DE FIN DE CURSO

O pasado venres 21 de xuño de 2024, pechamos o curso cunha xornada de convivencia coas familias para compartir a despedida do noso alumnado de 4º da ESO! Ao programa: xogos no patio, teatro coa rapazada de 3º da ESO, cancións cos nenos e nenas de Infantil e Primaria e moitísimas emocións!

Parabéns e moitísima sorte Alejandra, Rubén, Julián, Martín e Ricardo !

 

 

CHEGAN AS CARTAS ARRAINAS!

O alumnado de 1º coas cartas enviadas dende Melgaço

O alumnado da ESO (de 1º, 2º e 3º) recibiu a pasada semana as cartas que lles enviaron as alumnas e alumnos da turma do 7º ano das Escolas de Melgaço (Portugal). Estas cartas, escritas en portugués, chegaron como resposta ás que enviamos dende o noso centro, escritas en galego.

O proxecto de intercambio epistolar Cartas Arraianas partiu do Equipo de Dinamización da Lingua, co obxectivo de explorarmos a Lusofonía e coñecer como vive a rapazada do outro lado da Raia Seca. Para desenvolvelo, contamos co apoio do Agrupamento de Escolas de Melgaço (AEM), en Portugal. Aproveitamos estas liñas para lle agradecer á profesora de Espanhol das Escolas de Melgaço, Paula Cristina Domingues a súa implicación no proxecto.

O curso próximo desexamos continuar coas Cartas Arraianas, en colaboración coas Escolas de Melgaço.

Até o curso próximo! Obrigadas!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS - 21 DE XUÑO DE 2024

Dende o Centro, estamos organizando unha nova recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene para a Asociación Cáritas de Ribadavia ata o venres 21 de xuño.

Xa podedes deixar as vosas doacións nas caixas situadas no vestíbulo do Centro.

Moitas grazas pola vosa axuda e solidariedade!

Dibujo

XORNADA DE CONVIVENCIA EN INFANTIL

O pasado mércores 12 de xuño de 2024, recibimos aos cativos da casa niño "Raíces e Brotes" de Xinzo de Deva.

Os nenos e nenas do cole acolleron con grande entusiasmo aos seus futuros compañeiros e compartiron xogos e actividades na clase de Infantil, na biblioteca dos Mouchiños, na aula de psicomotricidade e no patio. Ata o 11 de setembro para o próximo reencontro!

 

PROXECTO VOLUNTARIADO MIÚDO

O luns 3 de xuño de 2024, tivemos a visita de Ramón, traballador social da Consellería de Política Social e Xuventude, que organizou un obradoiro para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Os nenos e nenas participaron en varios xogos cooperativos que pretendían mesturar diversión, valores do voluntariado e da solidariedade e recordar todas as actividades en relación co proxecta de "Voluntariado miúdo: móvete" que se realizaron ao longo deste curso. Ao final da actividade, recibiron un diploma pola súa xenerosa participación nas accións solidarias realizadas dende o centro.


UN DÍA POLA RIBEIRA SACRA

O venres 31 de maio de 2024, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria estivo de excursión na Ribeira Sacra.

A xornada empezou coa visita do mosteiro de San Pedro de Rocas. Despois dunha pequena ruta de sendeirismo polo Camiño Real, o grupo dirixiuse ata o mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil e acabou descubrindo o canón do Sil desde un catamarán.

Un día moi completo cheo de sorpresas e de diversión!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut