Skip to Content

Taboleiro

MAGOSTO 2023

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto no centro: menú especial no comedor con bolos preñados, empanada e castañas. E pola tarde, xogos populares no pavillón! Un día moi festeiro!

 

 

VOLVE O CLUB DE CIENCIAS

Xa retomamos as actividades do Club de Ciencias! Podedes ver todos os nosos experimentos no noso Blog (accesible nesta mesma páxina, a dereita)! Este mes empezamos coa forza do magnetismo! E coma sempre, diversión asegurada!!!!

XORNALISTAS POR UN DÍA

VISITA AOS ESTUDIOS DE TELEMIÑO

(OURENSE)

Hoxe, xoves 2 de novembro, os rapaces e rapazas de 5º-6º e da ESO, transformáronse en verdadeiros periodistas no plató da televisión local, Telemiño.

Participaron nunhas entrevistas, asistiron a gravación en directo dun boletín metereolóxico, atenderon ás explicacións do enxeñeiro do son e por último visitaron o plató do programa de cociña "Estache bo!"

 

 

 

 

SAMAÍN 2023

CHEGOU O SAMAÍN EN PADRENDA! 

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no cole! Decoramos a biblioteca, os corredores e unha morea de cabazas que levamos á Praza de San Roque pola tarde. Alí, os rapaces e rapazas da ESO así como o alumnado de 3º e 4º de Primaria leron historias de medo!

 

DÍA DA SAÚDE MENTAL

O día 10 de outubro conmemoramos

o día da saúde mental.

Ese día, o noso alumnado escribiu os seus medos para despois crear este fermoso mural no que queremos mostrar que todos e todas temos medos semellantes e que se nos unimos resulta moito máis sinxelo afrontalos.

Non podemos esquecer que:

non hai saúde, sen saúde mental.

FONDO LIBROS 2023/2024

Xa están publicadas no taboleiro interior de secretaría as listaxes do fondo de libros.

Podedes acudir ao centro  consultar as listaxes ou chamar por teléfono de 9:30 ás 13:30 ata o día venres 14 de xullo.

Día internacional da eliminación da violencia de xénero

Unha Haka é unha danza guerreira dunha tribu neozelandesa que se usaba no campo de batalla e cando os grupos se reunían en paz. Esta é unha demostración de orgullo, forza e unidade dunha tribu. Por esta razón, imitando aos compañeiros do IES de Becerreá, hoxe vos mostramos esta Haka como apoio a todas as vítimas de violencia de xénero e ao colectivo feminista.

Profesorado 2024-2025

PROFESORADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Nuria Penedo Taboada  – Titora de Eduación Infantil

Mª Carmen Janeiro Rodríguez – Titora de 1º e 2º

Santiago Álvarez Areas – Titor de 3º e 4º e Música

Pablo Lorenzo Vázquez – Titor de 5º e 6º e Educación Física

Mónica Vega González Inglés, Plástica (sección bilingüe), proxecto competencial (4º) e Atención educativa (Infantil)

María Teresa Alonso Seoane – Pedagoxía Terapéutica (aula específica)

María Aulet Suárez  – Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe

Marianne Claude Equy  L. castelá (3º-4º) e L. galega e L. castelá (5º-6º)

Mª Teresa Francisco Fernández – Relixión

 

PROFESORADO DE SECUNDARIA

Estefanía García Piñeiro – Inglés e titora de 1º ESO

Iván Feijoo López – Educación Física e titor de 2º ESO

Adrián López Fernández – Matemáticas e titor de 3º ESO

Jorge Santiago García – Debuxo, Tecnoloxía e titor de 4º ESO

Óscar Moldes Figueiral – Tecnoloxía e Matemáticas (1º e 4º ESO)

Melca Ruiz Domínguez – Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química 

Mónica Caride Álvarez – Lingua Castelá e Latín

Antía Rodríguez García – Lingua Galega

Inés Rodríguez García – Xeografía e historia

Mónica Estévez Domínguez – Música e Francés

Caterina Canitrot Vázquez – Pedagoxía Terapéutica

Nerea Gónzalez Rodríguez – Orientadora

Castor Pérez Casal – Relixión

Admisión alumnado curso 2022/2023

Todas as solicitudes presentadas no centro para o curso que vén forón admitidas. Nos próximos días publicaremos no taboleiro do centro a listaxe definitiva dos alumnos admitidos.

 

Un saúdo

 

A dirección

Datas exames de setembro

Adxuntamos as datas dos exames de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut