Durante o mes de abril de 2024, o noso alumnado participou en dúas xornadas de deporte escolar en Cartelle (fútbol-sala) e en Ramirás (bádmington).
En Cartelle, os alumnos e alumnas de 5º e 6º xogaron cos rapaces de A Valenzá e Entrimo.
E en Ramirás, participaron rapaces e rapazas de Primaria e da ESO pertencentes a diferentes colexios da comarca: O Ruxidoiro de Barbadás, San Marcos de Cartelle, Rogelio García Yañez de Ramirás, Curros Enriquez, Sagrado Corazón e Xoaquín Lorenzo de Celanova, Aquis Querquenis de Bande e Santa María A Real de Entrimo.
Un total de 137 rapaces e rapazas!
Parabéns a todos e todas e especialmente a Gabriel, Candela e Gabriela (2º ESO), Uxía e Daniel (3º ESO) e Juan (4º de Primaria) que conseguiron medallas!