Skip to Content

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma estranxeiro, Ed. musical, P. Terapéutica

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA SAÚDE MENTAL 2024

O pasado 10 de outubro o alumnado realizou un mural con moito significado e que serviu para conmemorar o "Día da saúde mental".

Seguindo a famosa frase de Aristóteles, "sexamos coa nosa vida coma arqueiros que teñen un branco", todo o alumnado debuxou aquelas metas de vida que os axudan a afrontar o día a día e manter o entusiasmo.

Que importante é coidar a nosa saúde mental e buscar unha motivación que nos active e encha de ilusión!

EXCURSIÓN AO CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS

Este venres 8 de novembro de 2024, o alumnado de Primaria, 1º e 2º da ESO visitou o castro máis grande de Galicia, o Castro de San Cibrao de Las, situado nos concellos de San Amaro e Punxín.

Os monitores do Centro de Interpretación do castro organizaron distintas actividades lúdicas ao redor da cultura castrexa.

 

FESTA DE SAMAÍN

Entrega de premios dos concursos de maquillaxe terrorífíca e de epitafios humorísticos! Parabéns a todos os/as gañadores/as e participantes!

ESTÁ A CHEGAR O SAMAÍN...

Este mércores 30 de outubro, a partir das 12:00, organizaremos varias actividades para celebrar o Samaín no centro: concurso de maquillaxe e de epitafios terroríficos ou divertidos, manualidades, película e elaboración dunha misteriosa apócema pola tarde... Diversión e emocións aseguradas!

CAMPO A TRAVÉS EN MUÍÑOS

Xa empezaron as actividades deportivas dentro do programa do deporte escolar deste curso.

O xoves 24 de outubro o alumnado de 3º de Primaria ata 3º da ESO participou nas probas de campo a través en Muíños.

Unha xornada activa e de convivencia para todos!

 

Web Radio Moucho

Escoita o último podcast sobre o uso das redes sociais no noso centro presentado por Julián e Anxo:

FESTA DE FIN DE CURSO

O pasado venres 21 de xuño de 2024, pechamos o curso cunha xornada de convivencia coas familias para compartir a despedida do noso alumnado de 4º da ESO! Ao programa: xogos no patio, teatro coa rapazada de 3º da ESO, cancións cos nenos e nenas de Infantil e Primaria e moitísimas emocións!

Parabéns e moitísima sorte Alejandra, Rubén, Julián, Martín e Ricardo !

 

 

CHEGAN AS CARTAS ARRAINAS!

O alumnado de 1º coas cartas enviadas dende Melgaço

O alumnado da ESO (de 1º, 2º e 3º) recibiu a pasada semana as cartas que lles enviaron as alumnas e alumnos da turma do 7º ano das Escolas de Melgaço (Portugal). Estas cartas, escritas en portugués, chegaron como resposta ás que enviamos dende o noso centro, escritas en galego.

O proxecto de intercambio epistolar Cartas Arraianas partiu do Equipo de Dinamización da Lingua, co obxectivo de explorarmos a Lusofonía e coñecer como vive a rapazada do outro lado da Raia Seca. Para desenvolvelo, contamos co apoio do Agrupamento de Escolas de Melgaço (AEM), en Portugal. Aproveitamos estas liñas para lle agradecer á profesora de Espanhol das Escolas de Melgaço, Paula Cristina Domingues a súa implicación no proxecto.

O curso próximo desexamos continuar coas Cartas Arraianas, en colaboración coas Escolas de Melgaço.

Até o curso próximo! Obrigadas!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS - 21 DE XUÑO DE 2024

Dende o Centro, estamos organizando unha nova recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene para a Asociación Cáritas de Ribadavia ata o venres 21 de xuño.

Xa podedes deixar as vosas doacións nas caixas situadas no vestíbulo do Centro.

Moitas grazas pola vosa axuda e solidariedade!

Dibujo

XORNADA DE CONVIVENCIA EN INFANTIL

O pasado mércores 12 de xuño de 2024, recibimos aos cativos da casa niño "Raíces e Brotes" de Xinzo de Deva.

Os nenos e nenas do cole acolleron con grande entusiasmo aos seus futuros compañeiros e compartiron xogos e actividades na clase de Infantil, na biblioteca dos Mouchiños, na aula de psicomotricidade e no patio. Ata o 11 de setembro para o próximo reencontro!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut