Skip to Content

CHEGAN AS CARTAS ARRAINAS!

O alumnado de 1º coas cartas enviadas dende Melgaço

O alumnado da ESO (de 1º, 2º e 3º) recibiu a pasada semana as cartas que lles enviaron as alumnas e alumnos da turma do 7º ano das Escolas de Melgaço (Portugal). Estas cartas, escritas en portugués, chegaron como resposta ás que enviamos dende o noso centro, escritas en galego.

O proxecto de intercambio epistolar Cartas Arraianas partiu do Equipo de Dinamización da Lingua, co obxectivo de explorarmos a Lusofonía e coñecer como vive a rapazada do outro lado da Raia Seca. Para desenvolvelo, contamos co apoio do Agrupamento de Escolas de Melgaço (AEM), en Portugal. Aproveitamos estas liñas para lle agradecer á profesora de Espanhol das Escolas de Melgaço, Paula Cristina Domingues a súa implicación no proxecto.

O curso próximo desexamos continuar coas Cartas Arraianas, en colaboración coas Escolas de Melgaço.

Até o curso próximo! Obrigadas!



blog | by Dr. Radut