Skip to Content

Escolares

O alumnado da ESO celebra maio co proxecto "Poesía Xeolocalizada"

O alumnado da ESO celebrou o Maio con Poesía Xeolocalizada, un proxecto desenvolvido dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e o Departamento de Lingua Galega.

Durante o mes de maio fomos compartindo no blog Padrenda Fala (blog do EDLG), diversos poemas xeolocalizados nos concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada ou Crecente... A rapazada da ESO tomou unha fotografía nun lugar concreto, o seu favorito, e acompañouna dun texto poético propio, relacionado con ese lugar. 

Finalmente, compartiu connosco as coordenadas deste poema e desta imaxe, para que poidamos visitar este lugar tan especial cando desexemos, e compartir o que para elas e eles significa.

Eis unha mostra do traballo da rapazada:

Se queredes botarlle unha ollada aos poemas, podedes velos entrando no blog Padrenda Fala neste enlace, ou no banner da dereita desta web, facendo clic no de "Equipos de Dinamización da Lingua Galega".

Benvidas e benvidos á poesía xeolocalizada!

 

PROPOSTA DE RECURSOS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

PROPOSTA DE RECURSOS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

 Recomendacións para seguir traballando a Competencia en Comunicación Lingüística para todo o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria, e especialmente para aquel alumnado que recibe no centro atención educativa na aula de AL.

 https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/author/eugenia-romero/

Neste enderezo poderedes atopar multitude de posibilidades para traballar dislalias (rotacismo, seseo, ceceo…).

Ofrece xogos fonéticos variados, exercicios de articulación…

Podedes ver vídeos guiados e deixar que os nenos e nenas realicen as propostas de xeito autónomo.

No apartado de artículación poderedes acceder a actividades variadas e moi axustadas para cada un.

http://burbujadelenguaje.blogspot.com/

Neste enderezo atoparedes material moi diverso, son moi interesantes os xogos interactivos que oferta.

https://www.aulapt.org/educacion-especial/a-l/

Aquí tedes multiude de posibilidades para traballar a linguaxe.

Ideas sensoriais para facer cos máis pequenos

No documento adxunto tedes algunhas ideas.

Manualidades para os rapaces de infantil

Distribuir contido


by Dr. Radut