Skip to Content

Taboleiro

TEATRO EN INGLÉS

Os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron a unha obra de teatro en Inglés (Help! Trouble in the jungle) no auditorio de Ourense. A compañía Face2Face quere, a través do seu espectáculo, que o alumnado reflexione sobre a conservación e coidado do medio ambiente. Ata Juan, de 4º de Primaria, tivo o privilexio de subir ao escenario!

 

VISITA DE MARCOS RODRÍGUEZ

O mércores 31 de xaneiro recibimos a visita de Marcos Rodríguez Pantoja na Biblioteca. Contounos a súa incrible infancia na Serra Morena, en Andalucía. Alí, conviviu 12 anos entre animais e formou parte dunha manda de lobos. Todo o mundo quedou abraiado co seu relato e os rapaces e rapazas tiñan moitas preguntas que facerlle.

 

DÍA DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria reunironse no patio para cantar cancións e ler unha mensaxe que atamos a un globo en forma de pomba. O lanzamento foi un grande éxito! Onde irá aterrar a nosa pomba???

 

 

SAÍDA ECOLÓXICA

O venres 26 de xaneiro pola mañá, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria ata 4º da ESO saíron do colexio para recoller lixo ao redor do noso centro. Aproveitamos tamén a ocasión para identificar árbores e plantas da contorna e recoller algunhas mostas delas para logo realizar un herbario nas aulas.

Una xornada moi beneficiosa onde todo o mundo tomou conciencia da importancia de manter limpos os nosos bosques.

 

 

ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES

Grande éxito o pasado xoves 25 de xaneiro coa primeira sesión de actividade física para maiores no noso pavillón!

O alumnado de 4º da ESO organizou a clase baixo a supervisión do seu profesor de Educación Física e as catro participantes acabaron a sesión moi contentas e con ganas de repetir.

RECOLLIDA SOLIDARIA

A recollida de xoguetes de decembro no Centro foi un éxito e o equipo de Cáritas do Ribeiro agradece as familias pola súa xenerosidade.

FELICES FESTAS !

Co Apalpador e os seus amigos da Península ibérica: o Olentxero (Euskadi), o Tió de Nadal (Cataluña), o Angulero (Asturias), o Esteru (Asturias, a Chicharrona (Estremadura) e o Tientapanza (Écija).

1ª FEIRA CIENTÍFICA SOLIDARIA

Hoxe pola tarde, mércores 20 de decembro de 2023,  invitamos a todos os membros da comunidade educativa a participar nesta 1ª Feira Científica solidaria dentro do noso Proxecta de Voluntariado de Rede de Centros Solidarios. 

O alumnado de secundaria presentou un experimento sobre o biodiésel (1º da ESO), a cantidade de azucre presente nos refrescos (2º da ESO), a detección de vitamina C nos alimentos (3º da ESO) e por último a fabricación dun barómetro caseiro (4º da ESO). 

Por outra banda, os alumnos de Primaria explicaron varios experimentos que realizaron no Club de Ciencias sobre a condutividade eléctrica con auga salgada ou doce e incluso con plastilina.

Foi tamén unha oportunidade para recoller xoguetes e libros infantís para a Asociación Cáritas do Ribeiro.

Grazas ás familias pola súa solidariedade!

CALENDARIO COLE 2024

Xa temos á disposición da comunidade educativa o noso novo calendario 2024.

Foi deseñado polo profesor Jorge Santiago García, do Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, coa colaboración dos rapaces e rapazas do centro.

 

 

Paciencia! Chegará pronto aos vosos fogares...

DÍA DA DISCAPACIDADE

Día Internacional de las Personas con Discapacidad - Famma

O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O pasado luns, organizamos xogos sensoriais para todo o alumnado para que os rapaces e rapazas empatizarán coas persoas con diversidade funcional. Esta actividade forma parte do Proxecta de Voluntariado do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut