biblioteca
Hoxe, as "Mozas de 2º" fixeron un programa de radio en que reflexionaron sobre a non existencia dun Premio Nobel de Matemáticas. Esta idea xurdiu a raíz dunha pregunta que realizou unha alumna do Club de Ciencia durante unha clase de Matemáticas.
Podedes escoitar o programa na seguinte ligazón.
Mércores, 19 Febreiro, 2020
Hoxe no CMAL (Centro Médico de Asistencia Lectora) visitáronnos os médicos Lucas e Odei e as médicas Ángela, India e Susana, alumnado integrante do club de ciencia do CPI.
Trataron as doenzas dos enfermos e enfermas con lecturas e películas científicas.
Dentro da Semana da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe tivo lugar durante o recreco o concurso Pasapalabra baseado no Cómic Científicas: Pasado, Presente e Futuro.
Os gañadores do concurso foron as parellas formadas por :
Xoel Cividanes Alonso e Nicolás Portela Rodríguez
(alumnos de 6ºEP A)
Hugo González Barciela e Khaled Ounes Baz
(alumnos de 1º ESO A)