2019-2020
O profesorado segue ensinando na rede. Contamos con tres formas para enviar traballos ao noso alumnado e comunicarnos con eles.
A Aula Virtual da nosa páxina web. Pódese descargar un tutorial para o acceso do alumnado en adxuntos. (É moi doado!)
O Telegram. (Supersinxelo!) Creamos un Canal Aberto en Telegram, onde se poñerán traballos para diferentes grupos de alumnado e diferentes materias. Como funciona?:
- Descargar e instalar a app Telegram no móbil.
- Unha vez instalada, na lupa da esquina superior dereita, buscar "cpiorosal". Unha vez atopado, clickar no grupo e darlle a "unirme".
- Se se prefire facelo con ordenador, tamén se pode acceder pola web de Telegram (haberá que instalar primeiro a aplicación web de Telegram, unha vez que xa teñamos a app Telegram no teléfono), mediante un navegador calquera, e o enlace é: t.me/cpiorosal
- Máis información sobre as canles de Telegram: FAQ-Telegram
Métodos particulares de diferentes mestres/as e profes: Hai profes que xa teñen canles habituais de contacto cos seus rapaces/as (Whatssap, etc). Pero pode darse o caso de que algunha familia reciba no móbil un convite dalgún/nha profe do seu fillo ou filla para enviarlle traballo, entrar nun grupo de difusión, etc.
Por último, gustaríanos compartir a seguinte información sobre o ensino na rede: Cinco cuestións previas
Para problemas co acceso á aula virtual, contactar con: gutier.matematicas@gmail.com
Ante a situación de obriga do peche dos Centros Educativos coa finalidade de evitar posibles contaxios ante o virus e coa consecuencia do obrigado confinamento dos escolares nos seus fogares, as familias deberán organizarse ante esta excepcional situación, de maneira que este confinamento non repercuta negativamente na evolución académica, emocional e persoal do alumnado. Por elo, dende o CPI Manuel Suárez Marquier, suxerimos unha serie de pautas a seguir (descargables en adxuntos), coa finalidade de poder normalizar, na medida do posible, esta situación, de xeito que poidamos entre tod@s darlle continuidade á actividade formativa do noso alumnado e non xerar cadros de ansiedade ou pasividade no alumnado.
Por causa da alerta sanitaria, as actividades extraescolares quedan canceladas ata novo aviso.
A Xunta de Galicia suspende as clases durante os próximos 14 días (a partir do luns 16 de marzo)
Seguindo as directrices da Xunta de Galicia, vémonos na obriga de cancelar a actividade extraescolar de atletismo, pois é unha actividade encadrada no proxecto XOGADE (cancelado por mor do novo coronavirus)
O equipo de voluntarios da biblioteca ofrecerá un obradoiro de papiroflexia para os cativos de 3º de primaria.
A escritora Rosa Aneiros visitará o centro e levará a cabo diferentes actividades co alumando.
O equipo de radio gravará un programa especial para conmemorar o 8M.
O colectivo VIA proxectará o vídeo "Alma guerrera, ni una menos" na entrada do centro.
Froito da colaboración entre o Club de Ciencia e o Concello do Rosal, o noso alumnado asistirá á charla "Quen vive aí?", para tratar o tema da compostaxe.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |