2019-2020
O alumnado de 1º ESO A participará nun obradoiro de sexualidade.
Ás 12:00, na biblioteca do centro, terá lugar unha sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás, dirixida óa lumnado de 1º e 2º de primaria.
As coluntarias de radio de 3º ESO realizaranlle unha entrevista ós gañadores do concurso de cabazas. Recorda que podes escoitar os programas na canle AvozdaMata.
Seguindo coas actividades do mes da ciencia, este martes, na hora do recreo, teremos unha sesión de maxia matemática dirixida especialemente ó alumnado de 5º e 6º de primaria. Terá lugar na bilbioteca do centro.
O luns 11 de novembro non haberá clase por mor da festividade de San Martiño.
Na hora do xantar xuntarémonos os membros do club de lectura da ESO para celebrar o primeiro Xantar Literario do curso.
Para celebrar o mes da ciencia organizaremos diferentes actividades semanais de divulgación científica. Esta semana comezamos cunha actividade dirixida ó alumnado de 5° e 6° de primaria. Terá lugar no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía.
Este mércores ás 18:30 terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 3º ESO para tratar o tema da viaxe a París.
Na hora do xantar, o colectivo VIA visualizará a película "Call me by my name".
Este luns gravarase un capítulo dos Bolechas para a RTVG (Brauliotuber) con 2º de primaria na biblioteca do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |