Aviso
Esta semana contaremos coa presenza de María Oruña, Jorge Mira, Yolanda Castaño e Paula Carballeira!
Todo un luxo para A Mata!
Esta semana no noso timbre soará Amaral, Aretha Franklin, Beyoncé e Manuel Carrasco.
As cancións foron seleccionadas polo Departamento de Música.
Esta semana soará AC/DC no timbre musical elixido polo grupo de 1º ESO C.
O timbre desta semana foi elixido por alumnado de 4º de ESO.
Dende o día 2 ao 6 de novembro soarán cancións relacionadas coa MODA, tema do PDI da Biblioteca.
Este é o corpo do anuncio simple. Estou escribindo moito para que se poida observar como o programa vai autorrecortar a extensión do escrito. Ademais, este tipo de anuncio permite enlazar co contido creado (a versión sen recortar) clicando no título. É útil para situacións de normalidade, onde os avisos non teñan tanta urxencia como na situación do covid. Bueno, creo que xa chega de escribir. Espero que mo recorte porque xa non se me ocurre moite máis para contar sobre este contido jeje
O profesorado segue ensinando na rede. Contamos con tres formas para enviar traballos ao noso alumnado e comunicarnos con eles.
A Aula Virtual da nosa páxina web. Pódese descargar un tutorial para o acceso do alumnado en adxuntos. (É moi doado!)
O Telegram. (Supersinxelo!) Creamos un Canal Aberto en Telegram, onde se poñerán traballos para diferentes grupos de alumnado e diferentes materias. Como funciona?:
- Descargar e instalar a app Telegram no móbil.
- Unha vez instalada, na lupa da esquina superior dereita, buscar "cpiorosal". Unha vez atopado, clickar no grupo e darlle a "unirme".
- Se se prefire facelo con ordenador, tamén se pode acceder pola web de Telegram (haberá que instalar primeiro a aplicación web de Telegram, unha vez que xa teñamos a app Telegram no teléfono), mediante un navegador calquera, e o enlace é: t.me/cpiorosal
- Máis información sobre as canles de Telegram: FAQ-Telegram
Métodos particulares de diferentes mestres/as e profes: Hai profes que xa teñen canles habituais de contacto cos seus rapaces/as (Whatssap, etc). Pero pode darse o caso de que algunha familia reciba no móbil un convite dalgún/nha profe do seu fillo ou filla para enviarlle traballo, entrar nun grupo de difusión, etc.
Por último, gustaríanos compartir a seguinte información sobre o ensino na rede: Cinco cuestións previas
Para problemas co acceso á aula virtual, contactar con: gutier.matematicas@gmail.com
Ante a situación de obriga do peche dos Centros Educativos coa finalidade de evitar posibles contaxios ante o virus e coa consecuencia do obrigado confinamento dos escolares nos seus fogares, as familias deberán organizarse ante esta excepcional situación, de maneira que este confinamento non repercuta negativamente na evolución académica, emocional e persoal do alumnado. Por elo, dende o CPI Manuel Suárez Marquier, suxerimos unha serie de pautas a seguir (descargables en adxuntos), coa finalidade de poder normalizar, na medida do posible, esta situación, de xeito que poidamos entre tod@s darlle continuidade á actividade formativa do noso alumnado e non xerar cadros de ansiedade ou pasividade no alumnado.
Por causa da alerta sanitaria, as actividades extraescolares quedan canceladas ata novo aviso.
A Xunta de Galicia suspende as clases durante os próximos 14 días (a partir do luns 16 de marzo)
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |