Aviso
Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, e de contribuír á desaparición do maltrato á muller convócase, dende o Concello do Rosal, un concurso de haikus. O haiku é un xénero poético de orixe xaponesa. Os haikus escríbense, segundo a tradición, en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou a vida cotiá.
Co motivo da conmemoración do 25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres, o CPI convoca o I Concurso de Debuxos contra a Violencia de Xénero. Dirixido a alumnado de 1º e 2º de ESO.
Co motivo da conmemoración do 25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres, o CPI convoca o I Concurso de Manifestos contra a Violencia de Xénero, dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO.
Como en anos anteriores, dende os departamentos de plástica e de inglés, organízase o xa tradicional concurso de cabazas.
- O luns, 28 de outubro, o alumnado traerá as cabazas ó CPI.
- Exporanse as cabazas na entrada do centro.
- O mércores faranse públicos os gañadores nas categorías de:
- A cabaza máis terrorífica.
- A cabaza máis creativa.
- A cabaza co deseño máis elaborado.
Animádevos a participar. Contamos con vós!
Este venres, durante todo o día, o alumnado de 5ºA e 5ºB de primaria disfrutará dunha excursión á Coruña organizada dentro do Plan Proxecta "Cinema en Curso".
Este martes, ás 16:00, proxectaremos na biblioteca do centro o filme "Dumbo", dirixido a alumnado de primaria.
Este xoves ás 20:00 celebraremos unha sesión do club de cine de adultos coa proxección do filme "Carmen y Lola". Terá lugar na biblioteca do centro.
Este mércores, ás 19:30, teremos unha xuntanza do club de lectura de adultos na biblioteca do centro.
escribo este anuncio para probar o tipo de contido anuncio con subclasificación aviso
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |