Aviso

Resumos (só letra) de avisos colocados na parte central. Se hai avisos completos quedarán moi abaixo. Utilizar cando se volva á normalidade.

Actividade cancelada - Atletismo extraescolar

Enviado por GutierFV o 12 Marzo, 2020 - 11:02

Seguindo as directrices da Xunta de Galicia, vémonos na obriga de cancelar a actividade extraescolar de atletismo, pois é unha actividade encadrada no proxecto XOGADE (cancelado por mor do novo coronavirus)

12/03/2020

Coronavirus

Enviado por GutierFV o 5 Marzo, 2020 - 12:29

Ante a preocupación da sociedade polo avance do coronavirus, a Xunta de Galicia elaborou un vídeo informativo co fin de solventar as dúbidas relacionadas co tema.

 Enlace ó vídeo: Xunta_video_coronavirus

Dende o centro enviamos unha comunicación, dirixida ás familias, cos aspectos máis importantes (documentos adxuntos).

Para máis información: Web da Xunta - Coronavirus

 

19/03/2020

Reunión excursións familias

Enviado por GutierFV o 3 Marzo, 2020 - 15:23

Convócase as familias do alumnado de 3ESO e 4ESO apuntado nas excursións (París ou Londres) a unha reunión que terá lugar no centro educativo, ás 19:30 do mércores 4 de marzo.

04/03/2020

Matrícula 2020-2021 (Prazo ampliado)

Enviado por GutierFV o 3 Marzo, 2020 - 12:19

Ábrese de novo o PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN de alumnado novo, que terá lugar entre o 11 e o 18 de maio, ambos incluídos.

Podedes ver aquí as tres formas de presentar a documentación.

Podedes abrir aquí o impreso, cubrilo no ordenador e imprimilo (para evitar ir dúas veces ao centro), e entregalo no colexio. Tamén podedes imprimilo e cubrilo a man, e despois entregalo.

Ademais do impreso, tedes que presentar esta documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

MOI IMPORTANTE: polo ben de todos, e para evitar aglomeracións, recomendamos que chamedes ao teléfono do colexio para pedir cita previa: 886 12 03 85 

Pregamos o USO DE MASCARILLA cando vaiades ao centro, así como o respecto ás normas de distancia se hai cola. É recomendable que só vaia unha persoa, e que NON vaian nenos.

---------------------------------------------Comunicado anterior-----------------------------------------------------------------

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

----------------------------------------------Comunicado anterior------------------------------------------------------------------

Ábrese o proceso de admisión (só para alumnado que vén novo) para o curso 2020-2021.

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de Primaria e Secundaria abarcará dende o 1 ó 20 de marzo.

No mes de xuño formalizarase a matrícula despois de que os nenos/as reciban as notas.

Xunto coa solicitude (que se facilitará no centro) achegarase:

  • Certificado de empadroamento (os que non pertenzan ás escolas unitarias)
  • 2 fotografias tamaño carnet (32 x 25 mm)
  • Fotocopia do Libro de Familia onde estea inscrito o/a alumno/a.
  • Fotocopia do libro de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta Sanitaria onde figure o/a alumno/a (se non ten, fotocopia da cartilla da Seguridade Social)
  • Fotocopia do DNI do Pai, Nai e do alumno/a.
06/05/2020

Campamentos de verán en inglés ESO

Enviado por GutierFV o 3 Marzo, 2020 - 09:00

Ábrese a convocatoria de campamentos de verán de inmersión lingüística en inglés. A solicitude debe realizala a familia do menor interesado. 

Oferta: Actividades de Formación en Linguas Extranxeiras 2020 (Campamentos de verán en inglés para alumnado de ESO)

Bases: no documento adxunto.

Prazo: dende o 27 de febreiro ó 26 de marzo

26/03/2020

Reunión familias 5º primaria

Enviado por GutierFV o 16 Febreiro, 2020 - 21:13

Ás 19:00 terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 5º de primaria para falar do porgrama "Cinema en curso".

20/02/2020

Club de lectura de adultos

Enviado por GutierFV o 16 Febreiro, 2020 - 21:05

Ás 19:30, o club de lectura de adultos, celebrará unha nova sesión de "O club dos martes".

18/02/2020

Xantar de traballo VIA

Enviado por GutierFV o 9 Febreiro, 2020 - 23:15

O colectivo VIA celebrará un xantar de traballo o mércores desta semana.

12/02/2020

Charla sobre dislexia

Enviado por GutierFV o 9 Febreiro, 2020 - 23:11

Ás 19:00, na biblioteca do centro, a presidenta de AGADIX, Esther López Carbajales, impartirá unha charla sobre a dislexia, dirixida ás familias do alumnado.

11/02/2020

Club de cine de adultos

Enviado por GutierFV o 26 Xaneiro, 2020 - 19:30

Ás 20:00, na biblioteca do centro, proxectarase a película "Mientras dure la guerra".

30/01/2020
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.