2019-2020
En horario de tarde, ás 16:00, proxectarase a película "El Rey León" na biblioteca do centro. Actividade dirixida ó alumnado de primaria.
Por mor do aviso meteorolóxico de cor laranxa, vémonos na obriga de suspender as actividades extraescolares do día de hoxe, xoves 16 de xaneiro de 2020.
Este mércores, de 17:00 a 18:00, terá lugar unha conexión en directo de A VOZ DA MATA coa radio do IES O Perdouro, de Burela (PROXECTO NEO): Todas as clases na ESO do CPI conectarán en directo cos nosos colegas de Burela. O programa do Proxecto Neo terá o noso centro como protagonista.
Realizado o sorteo da cesta de nadal de 3ºESO, comprácenos anunciar o boleto gañador. A persoa agraciada poderá recoller a cesta durante a mañá do venres 20 no noso centro.
O boleto gañador é o número 0024
Por mor das condicións climatolóxicas que se preven para o xoves 19, vémonos na obriga de cancelar todas as actividades extraescolares en horario de tarde. Disculpen as molestias.
Este xoves ás 20:00 celebraremos, no auditorio do Rosal, o festival de nadal para as familias.
Na hora do xantar xuntarase o equipo de traballo "The famous five", un grupo de alumnas de ESO e primaria procedentes de países anglófonos, para a realización dunha actividade de radio.
Necesitamos leite e cacao para a recollida de alimentos que terá lugar dende o 9 ata o 13 de decembro, en colaboración coa "Asociación asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño", baixo o lema "Dalle de almorzar a outro neno"
Na hora do xantar celebraremos unha nova sesión do club de lectura da ESO, "O Librako".
Este martes teremos a reunión coas familias e o alumnado (aprazada da semana pasada) para tratar o tema dos espazos educativos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |