2019-2020
Ante a preocupación da sociedade polo avance do coronavirus, a Xunta de Galicia elaborou un vídeo informativo co fin de solventar as dúbidas relacionadas co tema.
Enlace ó vídeo: Xunta_video_coronavirus
Dende o centro enviamos unha comunicación, dirixida ás familias, cos aspectos máis importantes (documentos adxuntos).
Para máis información: Web da Xunta - Coronavirus
Convócase as familias do alumnado de 3ESO e 4ESO apuntado nas excursións (París ou Londres) a unha reunión que terá lugar no centro educativo, ás 19:30 do mércores 4 de marzo.
Ábrese de novo o PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN de alumnado novo, que terá lugar entre o 11 e o 18 de maio, ambos incluídos.
Podedes ver aquí as tres formas de presentar a documentación.
Podedes abrir aquí o impreso, cubrilo no ordenador e imprimilo (para evitar ir dúas veces ao centro), e entregalo no colexio. Tamén podedes imprimilo e cubrilo a man, e despois entregalo.
Ademais do impreso, tedes que presentar esta documentación:
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
MOI IMPORTANTE: polo ben de todos, e para evitar aglomeracións, recomendamos que chamedes ao teléfono do colexio para pedir cita previa: 886 12 03 85
Pregamos o USO DE MASCARILLA cando vaiades ao centro, así como o respecto ás normas de distancia se hai cola. É recomendable que só vaia unha persoa, e que NON vaian nenos.
---------------------------------------------Comunicado anterior-----------------------------------------------------------------
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
----------------------------------------------Comunicado anterior------------------------------------------------------------------
Ábrese o proceso de admisión (só para alumnado que vén novo) para o curso 2020-2021.
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de Primaria e Secundaria abarcará dende o 1 ó 20 de marzo.
No mes de xuño formalizarase a matrícula despois de que os nenos/as reciban as notas.
Xunto coa solicitude (que se facilitará no centro) achegarase:
- Certificado de empadroamento (os que non pertenzan ás escolas unitarias)
- 2 fotografias tamaño carnet (32 x 25 mm)
- Fotocopia do Libro de Familia onde estea inscrito o/a alumno/a.
- Fotocopia do libro de vacinacións.
- Fotocopia da tarxeta Sanitaria onde figure o/a alumno/a (se non ten, fotocopia da cartilla da Seguridade Social)
- Fotocopia do DNI do Pai, Nai e do alumno/a.
Ábrese a convocatoria de campamentos de verán de inmersión lingüística en inglés. A solicitude debe realizala a familia do menor interesado.
Oferta: Actividades de Formación en Linguas Extranxeiras 2020 (Campamentos de verán en inglés para alumnado de ESO)
Bases: no documento adxunto.
Prazo: dende o 27 de febreiro ó 26 de marzo
O alumnado voluntario da biblioteca de primaria ofrecerá unha sesión de contacontos para os seus compaeiros de 1º de primaria.
A actriz, contacontos, guionista e experta en técnicas vocais, Charo Pita, impartirá unha serie de obradoiros para o alumando voluntario de radio.
O alumnado de 4ºESO da materia de latín acudirá a unha sesión de teatro grecolatino en Tui.
O escritor Álex Mene visitará o noso centro e realizará diferentes actividades co noso alumnado.
Comezamos a celebración do entroido dende o primeiro día da semana. Cada xornada disfrazámonos como nos indica o Meco nas súas coplas.
Ás 19:00 terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 5º de primaria para falar do porgrama "Cinema en curso".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |