Skip to Content

Ed. Primaria

Visita a Apípolis

Os cativos e cativas de 1º e 2º curso de Primaria foron de excursión o martes 5 de abril a Pontevedra. Visitaron a casa das abellas de Xeve, a chamada “Apípolis” onde aprenderon a importancia das abellas para o ser humano e a natureza e onde probaron a facer riquísimas galletas, degustaron doce mel, fixeron a súa propia vela de cera e viñeron esgotados/as de tanta diversión e coñecementos adquiridos.

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotografías que nos tiraron as mestras premendo nestas imaxes ou entrando na nosa galería de fotos.

                       

Día Internacional da Muller. 8 de marzo.

O alumnado de primaria e infantil participou en diferentes actividades para conmemorar o Día da Muller e visibilizar este problema social.

Os maiores, 5º e 6º, realizaron uns traballos cos seus notebooks para presentar  a mulleres que destacan ou destacaron nalgún deporte ao resto do centro. O resultado proxectarase durante os recreos desta semana no corredor principal do centro.

O alumnado de 4º A e B preparou unhas biografías e uns contos para mostralos nas aulas de Infantil,  1º, 2º e 3º de EP.

Este foi o resultado, se queredes ver as fotos premede nas imaxes.

 

 

Sogama e cubertas da catedral de Santiago de Compostela

O luns 25 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º puideron visitar o centro medioambiental de SOGAMA situado en Cerceda. Alí contáronnos e enseñáronnos o que facían co lixo dos contedores amarelos e dos xenéricos que lles chegan de case todos os concellos de Galiza.

Para aproveitar a viaxe, a volta paramos en Santiago de Compostela onde disfrutamos das vistas do casco antigo dende as cubertas da catedral.

 

      

UN PARTIDO POLO PLANETA

O domingo 29 de novembro culminou a Semana Europea da Prevención de Residuos 2015 que se vén celebrando desde o sábado 21.

No CPI Aurelio Marcelino Rei García tivemos a sorte de contar co xogo xigante “Un partido polo planeta”, xestado conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. O taboleiro reproduce un campo de fútbol no que os equipos avanzan cara a portería contraria co ánimo de marcar gol. Pero para iso, deben superar unha serie de probas nas que deixarán constancia da súa aprendizaxe e habilidades no referente a xestión do lixo de forma sostible.

Por último, destacar a visita durante a mañá do venres 27 do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, ao noso centro para presenciar un dos nosos partidos.

Enlace a noticia:  Por unha Galicia sostible

Un partido polo planeta

ESPAZO TOTAL

Temos novo blog para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. Chámase ESPAZO TOTAL.

Aquí tedes a súa dirección:     espazototal@blogspot.com

Tamén podedes facer clic sobre a dirección para ir directamente ao blog.

Preguntarédesvos: que imos encontrar nel? Pois diferentes actividades que fagan os nenos e nenas de terceiro e cuarto no colexio como excursións ou actuacións, pero tamén actividades levadas a cabo na aula. Ademais teredes enlaces a outras páxinas e xogos para repasar o aprendido e moitas cousas mais.

Non vos olvidedes de que podedes comentar calquera publicación.

 

Proxecto Ríos. 1ª Inspección ao Río Gallo

O pasado 21 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída ao río Gallo para coñecer o seu "estado de saúde".

Acompañados por un educador ambiental da asociación ADEGA e dentro do Proxecto Ríos analizaron diferentes parámetros: características físico-químicas (ph, nitratos,..), a flora, fauna (presencia de macroinvertebrados), o caudal, os impactos medioambientais, etc ...

Esto é unha mostra do interesante que resultou.

        

Reunión Familias de Educación Primaria

O vindeiro martes día 15 de setembro terá lugar na Sala de Usos Múltiples do CPI Aurelio Marcelino Rey García a reunión de principio de curso para Educación Primaria.

As horas establecidas por cursos serán as seguintes:

  • 3º e 4º Curso de EP 16:00 hs.

  • 5º e 6º Curso de EP 17:00 hs.

  • 1º e 2º Curso de EP 18:00 hs.

No transcurso desta reunión trataranse temas de interese para o funcionamento do curso escolar 2015-2016 polo que é conveniente a súa asistencia e participación na mesma.

LISTAXE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

ADXUDICACIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

3º e 5º de PRIMARIA

 

De acordo coas instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto ( Orde do 21 de maio de 2015- DOG do 01-06-2015procedemos a facer públicas na porta principal do centro as listaxes de solicitudes correspondentes a 3º e 5º de Primaria.

**AVISO IMPORTANTE: As persoas solicitantes admitidas nestas listaxes terán que pasar polo centro asinar un documento de compromiso de devolución do material curricular recibido en bo estado ao finalizar o curso 2015-2016.

*Ao inicio do próximo curso, setembro de 2015, e unha vez asinado o documento de compromiso, entregaranse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao fondo solidario.

 

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de 2º e 4º da ESO de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

SAÍDA DO CLUB DE LECTURA.

O día 21 de maio os nenos e nenas do club de lectura fixeron unha visita á biblioteca de Ánxel Casal en Santiago de Compostela, alí puideron gozar da lectura descubrindo as últimas novidades da literatura infantil e xuvenil. Para rematar o día visitaron tamén a Cidade da Cultura facendo un percorrido pola historia do camiño de Santiago. 

                        

 

ACUARIO E PASEO EN BARCO - O GROVE 1º CICLO EP

O martes 12 de maio o alumnado de 1º ciclo de Primaria visitou o acuario de O Grove onde puideron aprender moitas cousas sobre a fauna e flora das nosas costas. Tamén realizaron un paseo en barco pola ría achegándose ás bateas e visionando os fondos mariños.

Comeron e xogaron no pobo. Esto é unha mostra do ben que o pasaron.

                                                   

Distribuir contido


by Dr. Radut